martes, 13 de outubro de 2026

 Xa tedes na biblio as novas adquisicións deste ano. Despois de escoitar as vosas peticións xa me puxen a buscar algúns dos libros. Tedes que perdoar, porque aínda me quedan varios por conseguir.

Espero que vos animedes e que leades moitos libros durante este curso!!!















 Benvidos xureliños e xureliñas a un novo curso, cheo de ilusión e sorpresas, na vosas biblio de Estrela!

Retraseime un pouquiño, porque estiven reorganizando os libros da biblio para que vos fose máis sinxelo localizar os que vos gustan.

Pero xa estou aquí de volta! E que maneira máis fermosa de comezar que con un espectáculo de teatro que nos envían dende o Concello.

Este venres tivemos a sorte de disfrutar da compañía Ghazafelhos e a verdade é que nos rimos moito cos actores. Estivo moi ben a adaptación que fixeron de Carapuchiña Vermella, os Tres Porquiños e o do Lobo e os sete cabuxiños. O máis entretido foi a vosa participación para levar a cabo as diferentes interpretacións. Fixéstelo moi ben, a miña noraboa. Aquí vos deixo algúns momentos do espectáculo.

                                                                        ⇣⇣





















luns, 1 de xuño de 2026

O FURANCHO DE ESTRELA

 Que ben se vos dá a actividade de cociñar! Este curso fixéstedes un bo uso do recuncho de cociña . Noraboa!!!

O alumnado de Infantil B visitaron varias veces o Furancho de Estrela para elaborar todos estes deliciosos pratos.






Os nenos e nenas de 1º fixeron unha rica ensalada con leituga do seu horto





Os rapaces e rapazas de 4º animáronse a facer unha magdalenas de brócoli. Que por certo, estaban riquísimas!!!






Os nenos e nenas de 3º fixeron este postre tan delicioso: