martes, 13 de outubro de 2026

 Xa tedes na biblio as novas adquisicións deste ano. Despois de escoitar as vosas peticións xa me puxen a buscar algúns dos libros. Tedes que perdoar, porque aínda me quedan varios por conseguir.

Espero que vos animedes e que leades moitos libros durante este curso!!!















 Benvidos xureliños e xureliñas a un novo curso, cheo de ilusión e sorpresas, na vosas biblio de Estrela!

Retraseime un pouquiño, porque estiven reorganizando os libros da biblio para que vos fose máis sinxelo localizar os que vos gustan.

Pero xa estou aquí de volta! E que maneira máis fermosa de comezar que con un espectáculo de teatro que nos envían dende o Concello.

Este venres tivemos a sorte de disfrutar da compañía Ghazafelhos e a verdade é que nos rimos moito cos actores. Estivo moi ben a adaptación que fixeron de Carapuchiña Vermella, os Tres Porquiños e o do Lobo e os sete cabuxiños. O máis entretido foi a vosa participación para levar a cabo as diferentes interpretacións. Fixéstelo moi ben, a miña noraboa. Aquí vos deixo algúns momentos do espectáculo.

                                                                        ⇣⇣