Notades algunha diferencia?
antes.... |
agora.... |
Efectivamente, temos novos ordenadores á vosa disposición no horario da biblio (con acceso a internet)
@s máis avispad@s tamén se decatarían doutro detallel. Claaaaaaaaaro, agora as paredes son azuis!!!. A que mola?
Bicos cibernéticos azulados.
Estrela
P.D. Señores ladróns: sabemos que andan vostedes entrando nos coles polas noites e levando cousiñas que non son súas.
Se vendo estas fotos se lles poñen os dentes longos, saiban vostedes que roubando nunha escola, están privando aos nenos e nenas de valiosas ferramentas (e non solo polos cartos) para a súa educación.
Vostedes farán bos negocios, pero están empobrecendo á nosa comunidade (que ata pode que sexa a súa).
Ademais, nesta biblioteca temos unha arma de defensa perigosísima.
Puxemos as fotos, sabendo que son moi fortes, solo para que mexen por vostedes do medo.
Avisados están, señores ladróns!!
Córcholis! Eu pensaba roubar un par de ordenadores do voso cole para levalos ao fondo do mar e poder ter internet. Precisamos deles para comunicarnos c@s peixiñ@s que están máis alá do Atlántico. Continuamos coas caracolas, sabedes? Esas que te pós nas orelliñas, pero teñen unha frecuencia moi corta, como moito da para falar co peixe espada que vive na rocha preto do peirao de Cambados. Claro que con esa arma perigosa requetepeluda que tedes aí, xuro por Neptuno que eu non me atrevo a poñer as miñas escamas enriba dos vosos ordenadores!!
ResponderEliminarquerida robaliza ladroa:
ResponderEliminarfixeches ben en reflexionar sobre as túas intencións delictivas.
á nosa arma perigosa encántanlle os bechos da túa caste á grella, á sal, en pepitoria e con tutti frutti.
se queres comunicarte cos teus amigos de lonxe, sempre podes vir pola biblio e facerte un carné de usuari@.
estrela