Pero un bo día apareceu Rebeca pola porta e soltou: "e que pasa cos nenos e nenas que non temos internet na casa? non poderíamos ter un buzón na biblioteca?".
Pois si, tiña razón.
Pero aquí é moi perigoso ter boas ideas, porque a correr te poñen un bote de alkil nunha man e un de pintura na outra.
Total, que se formou un grupiño de traballo e hala! a poñer en marcha o proxecto.
A primeira parte do proceso foi todo un misterio. Axudantes entrando e saíndo do obradoiro sen soltar prenda. Todos os recreos e tardes. Querían darnos unha sorpresa. |
O grupo de traballo, feliz co resultado. Falta Lorena Chaves, que se nos lesionou facendo a saber que trasnadas. |
A directora artística do proxecto e o señor inspector de obra. Como son algo tímidos, houbo que insistir moito para que pousaran na foto. |
E velaiquí o resultado. Tanto misterio pagou a pena, non? |
Xa sabedes, rapazada, estou agardando polas vosas mensaxes!
Bicos suxerentes.
Estrela
Ningún comentario:
Publicar un comentario