martes, 30 de maio de 2017

Proxecto comedor: e o que estabamos agardando está a piques de acontecer...

E estaba eu ás miñas cousas aquí na biblio, coma sempre, nadando entre libros e nen@s cando dende a zona dos ordenadores chegoume a conversa de dúas que falaban moi baixiño:
(...)
 - Jobá! Nada! Hoxe tampouco! Non colgaron nada no blog do proxecto comedor! Téñenme aburrida!
- E terás que recoñecelo, tamén era que as nenas e nenos de segundo tíñannos moi mal acostumadas. A cada pouco asomaban o nariz por esta bitácura para contarnos as súas andanzas.
-Si, e despois abandonáronnos. Perdémoslle a pista. E que queres que che diga, ata perdemos a ilusión por seguilos.
- Xa, xa sei.
- Como se atreven! Deixarnos sen novas, así sen máis, despois de toda a expectación que levantaron.
Funme achegando a onde estaban. Non era por escoitalas mellor, noooon. Eraaaa por botar unha ollada ao expositor de novidades, que está cheíño de cousas bonitas!
Pero o caso é que alá seguían:
- E non estaremos sendo algo inxustas? Seguro que teñen unha boa razón para non poñer novas entradas. Andarán moi enlead@s. Non poderán dar a todo.


- Claro que si, ho. Unha razón moi boa! A abandonaron o proxecto, o blog e o que é peor: ás súas seguidoras!


-Buenoooo... non @s vexo capaces deso... seguro que é outra cousa...


- Ti moito @s defendes, non sei eu... seguro que sabes algo e non mo queres contar.


- Eu? Que va, que va....  
- Segura?

-Veña, está ben... a cousa é.... a min dixéronme.... 


- Ves? Xa sabía eu que algo había!


- Pero eu prometín non contar nada....


- Muller, en min podes confiar. Sei gardar un segredo. Son unha tumba.


- Pero é que se se entera a miña curmá a de segundo que cho dixen... retírame as falas.
- Parece mentira, nin que o fora a colgar eu no blog!
Aí dinlle a razón: se alguén o vai colgar no blog, esa son eu!
 - O caso é que estiveron todo este trimestre pechados entre a clase, a biblio e o comedor facendo chissss chissss chisss e logo recibiron correos segredos cheos de información nos que lles contaban chisss chisss chisisss. Andaban ás voltas polo baño gravando uns vídeos para ensinar como chissss chissss chisss e cando remataron o seu grande traballo:  a chissss chissss chisss mandárona a imprimir a unha imprenta (claro!) e agora están agardando a que estea lista para facer a grande presentación mundial. 
- Onde?
- Onde vai ser, na biblio.

Lóstregos de Brest! Xusto neste momento tíñan que lembrar a norma de falar baixo na biblio! Non me estou enterando de nada!

- Van colaborar na presentación @s compañeir@s de chiisss chisss chisss que tiveron acceso privilexiado a toda a súa investigación. Pero tiveron xurar que non dirían nada nun ritual sagrado baixo a luz da lúa chea. Tiveron que emporcallarse de lama e dar voltas. Unha cousa máis rara...
-Pois anda que como o seu xuramento sexa como o teu.... 😉

E aí tocou o timbre do fin do recreo, apagaron o ordenador e marcharon para as súas aulas.
Eu quedei pensando... claro! agora explico todo ese movemento polos corredores cando pensaban que ninguén @s vía (esto de ser un peixe é unha ventaxa á hora de moverte sen facer ruído), tanta actividade frenética con todo tipo de cacharrada, tanto disimular asubiando cando alguén ía o baño e @s pillaba na allada.
Agora entendo tanta reunión clandestina na biblio, tanto ensaio...

O que pasa é que non foron tan coidados@s como crían, non eliminaron todo rastro da súas trasnadas...mirade que fotos topei no ipad azul onte cando fun xogar ao candy crush....
Agora xa o entendo todo! Xa sei o que pasa! Sei o que están tramando!!!!!!

Está clarísimo, mirade:
@s de quinto e segundo nunha reunión secreta preparando chsissschissss.


O equipo de gravación con Nina ao rematar de chisss chisss chisss.

O equipo de redacción en plena faena facendo chisss chissss


Outro equipo coa súa chsiisss chisss lista para pasar a limpo.


Como? que non sabedes de que falo??

Claro! Porque eu si que sei gardar un segredo!!! 😋


Non vos queda outra que seguir atent@s, que despois de moito esforzo e traballo, a vosa paciencia terá a súa recompensa.
Axiña anunciaremos a data da presentación do proxecto comedor!!!

Bicos ansiosos.

ESTRELA








3 comentarios: