Estou moi emocionada, porque tod@s as nenas e nenos do cole andan a traballar para convertir a biblio no fondo do mar. E sabedes para que o fan? Para que eu me atope a gustiño e non bote tanto de menos os océanos salgados.
@s de infantil de 4 e 5 anos fan cartaces para que empregar a biblio sexa chupado.
|
Aínda está sen rematar, pero a que xa ten moi boa pinta?
|
@s de primeiro e segundo pintan cunchas, algas, anémonas, caracolas... para decorar todos os recunchos. Como estamos agardando a que veñan a pintar a biblio, téñenas expostas nun panel nas súas aulas.
|
A clase de primeiro posa orgullosa co seu panel |
|
Aquí o vedes con máis detalle |
|
Velaí @s artistas de segundo. Coas ganas que tiñan de sair no blog!!! |
|
Quedoulles tan chulo que non poden deixar de mirar para el. |
A clase de cuarto colaborou en moitas tarefas, pero do que máis lles gusta presumir é dos seus peixiños.
|
Empezaron a traballar con papel e cartón |
|
Silvestre comprobando que todo marcha correctamente |
|
Despois de moito andar a poñer todo perdido coa cola, veu a fase de pintado |
|
E tacháaaaan. Primeiros peixiños rematados.
|
Agora podédelos ver aboiando na zona d@s lector@s noviñ@s. Como chegaron ai?, preguntaredes. Pois foi o profe Ro empoleirado nunha escaleira altíiiiisma. Non saquei fotos porque tiña as aletas cruzadas para que non rompera os fuciños contra o chan.
Cando xa estiveron colocados, chamamos a uns expertos en arte, a clase de infantil de tres e catro anos, para ver se lles gustaban:
|
|
|
@s expert@s deliberando.... |
|
Pois parece que si, que lles gustan. Bravo!!!
E ti, xa elixiches o teu peixe favorito?? A que agardas? Vén á biblio!!!
Queres ver máis fotos? pois pincha aquí |
Que hogar más bonito estáis haciendo todos juntos para estrela y cuantos amigos peces (y no peces) para disfrutar juntos de los libros.
ResponderEliminarApetece ir a verlos..
esta biblio tamén é das mamás, os papás, as tías, os tíos.... e demais familia!
ResponderEliminarvinde, vinde!
e unha porqueria
ResponderEliminarquerido anónimo, sinto moito que non che guste. pero non te preocupes, que todo ten solución: podes aportar proxectos, ideas, traballos para mellorar.
ResponderEliminaránimo!