Agora xa tod@s me coñecedes. Estades acostumad@s a verme pola biblio e atopar a miña estilizada figura en cartaces por todo o cole, pero... para aquel@s que non se lembran e para @s que non viviron momentos tan emocionantes... tachán!
Imos lembrar como chegaron as miñas escamas de cores ata o cole de Vilariño.
Todo comezou coa chegada dunha misteriosa carta a cada aula do cole...
E vaia se vos puxestes ao traballo. O equipo da biblioteca suou tinta china para elixir aos finalistas.
|
Aquí védelos expostos trala furna electoral |
|
Cada votante colleu a súa papeleta e alá foi
|
Houbo quen o tiña claro...
|
houbo quen o pensou un chisco máis... |
|
|
|
Exercendo o dereito a voto
|
|
Agora lle toca o turno @s maiores
|
|
E chegou o momento do reconto de votos...
|
|
que realizou estupendamente o alumnado de primeiro.
|
|
Contaron papeletas...
|
|
e máis papeletas.
|
|
Leron o resultado da acta electoral.... |
|
e o público asistente estourou en mostras de alegría! |
|
Esta son eu en versión orixinal, con ceras de cores |
|
E, como todas as grandes estrelas, teño unha versión en Photoshop, feita por unha experta nestes traballiños, a profe Eulàlia
Non podo rematar este post sen darlle os parabéns e as gracias á miña creadora, Mariña Padín, que agora cambiou de aires e xa nos anda polo instituto.
Espero que non perda nunca as súas mañas artísticas!
Un bico, mami!!!
Estrela
|
ai que poñer libros de chistes
ResponderEliminarti si que eres un chiste dos bos
Eliminarclaro, mariña!
ResponderEliminara min tamén me gustan moito!
cando rematemos de organizar a biblioteca, verás que rápido os atopas.
e mentres... pregunta @s axudantes, verás como chos atopan nun plisplás.
bicos mareiros
Ola, Estrela. Que tipo de peixe eres?
ResponderEliminarquen eresssssssssssssssssssss
Eliminarola rapante, pois non sei moi ben que dicirche.
ResponderEliminarpara empezar son un peixe ao que lle gustan moito os libros, gústanlle @s nen@s e gústalle que ambos se xunten na biblioteca.
se te refires á especie... pois non sei, son como un can de palleiro, pero en peixe. moita mistura, que é o que mola.
pero se me queres coñecer en persoa, bueno, en peixe, sempre podes aletear ata vilariño, verás que ben o pasas con nós.
bicos mariñeiros
Gracias por convidarme, Estrela. Eu son un rapantiño da ría de Vigo, cando a corrente do mar sexa favorable aletearei ata Vilariño para coñecerte/vos. A min tamén gústanme moito os libros, así que tentarei levar algún enganchado a miña aleta dorsal como agasallo para todos vos. Apertas.
ResponderEliminar