Para que disfrutedes das tan merecidas vacacións sen deixar de disfrutar dos contos.... aquí vos deixamos unhas recomendacións
mércores, 23 de decembro de 2020
luns, 21 de decembro de 2020
ESTRENO DA NOSA RADIONOVELA: O CONTAXIO DE PAPÁ NOEL
BOAS GAMBÓNS!!!
DE SEGURO QUE DESEXANDO QUE CHEGUEN AS TAN ANSIADAS
E MERECIDAS VACACIÓNS.
POIS BEN, PARA QUE PASEDES UN BO RATIÑO... AQUÍ VOS DEIXAMOS O NOSO TAN ANSIADO ESTRENO... RADIONOVELA ELABORADA POLOS NENOS/AS DE 3º E 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.
O CONTAXIO DE PAPÁ NOEL
QUE SÍ, QUE SÍ, QUE ESCOITADES BEN!!! NOS TAMPOUCO PODÍAMOS DAR CRÉDITO.
ESTARÁ A SALVO O NADAL? CONSEGUIRÁN ELFLORA, ELFMANOLO E ELFREDO SALVAR O NADAL? SUPERARÁ PAPA NOEL O CONFINAMENTO?....
ESCOITADE E DISFRUTADE !!!!
SE QUEREDES SABER MÁIS.... ESCOITA O RESTO DOS EPISODIOS NO SEGUINTE ENLACE
A NOSA ORIXINAL FORMA DE DESEXARVOS UNHAS MOI FELICES FESTAS e CARTA AS SÚAS MAXESTADES OS REIS MAGOS DE ORIENTE
BOAS NECORIÑAS!!!! COMO ESTADES?
Este ano esta a ser moi diferente pero igualmente abraiante.
Estades sendo uns auténticos heroes e o voso comportamento esta sendo de dez.
pois como este ano non podemos festexar o noso tan ansiado festival de nadal... non podíamos deixar de festexalo e aquí vos deixamos a nosa propia felicitación para desexarvos unhas
BOAS FESTAS
con sentidiño e sen perder a ilusión
por ti, por nos... por tod@s!!!
xoves, 17 de decembro de 2020
DISFRUTANDO CON CHARO PITA
Hoxe tivemos a sorte de recibir a visita de Charo Pita.
Os nenos/as de Infantil estiveron disfrutando dunha sesión de contos .
Mirade, mirade!!!
mércores, 16 de decembro de 2020
BUSCANDO INFORMACIÓN
PERO MIRADE QUE MOITO TRABALLADES MEUS PEIXIÑ@S!!!
SEGUIMOS A RECIBIR MOITÍSIMA INFORMACIÓN DOS VOSOS TRABALLOS SOBRE CAMBADOS, PUNTO DE PARTIDA DA NOSA ECOPEREGRINAXE.
xoves, 3 de decembro de 2020
DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
“Nada en la vida debe ser temido, solamente comprendido. Ahora es el momento de comprender más, para temer menos.” 'Marie Curie
Partindo desta premisa.... os nenos/as de 5º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Enrique Barreiro quixeron amosar o seu traballo neste día.
CONCIENCIAR, SENSIBILIZAR e SOBRE TODO... VIVENCIAR.
BASE FUNDAMENTAL PARA COMPRENDER E APRENDER!!!
martes, 24 de novembro de 2020
luns, 16 de novembro de 2020
Dia internacional do Patrimonio Mundial
Hoxe, 16 de Novembro é o día internacional do Patrimonio Mundial e non podíamos deixar pasar dita data xa que o noso concello está catalogado como Ben de Interese Cultural.
Dende infantil quixemos facer o noso creativo diseño dalgúns dos monumentos do noso concello,
aproveitando o proxecto "Ecoperegrinaxe polo noso patrimonio".
Cada neno/a escolleu o monumento que mais lle gusta e .... mans a obra.
Aquí algunhas das suas creacións!!!
venres, 13 de novembro de 2020
CONTOS NO CAMIÑO: Os monstros de Compostela
MONSTROS EN
COMPOSTELA
Antes do Samaín Estrela deixouunha carta en Primeiro.
Contábamos esta lenda sobre unha sombra misteriosa que se
pode ver algunhas noites na praza da Quintana, en Santiago
de Compostela.
Pica na imaxe se queres ler a lenda.
Logo, na biblio de Estrela, a súa profe deu con este conto:
E decidiron contarlle o que atoparon a Estrela.
Aquí vos
deixan unha mostra do seu traballo.
martes, 10 de novembro de 2020
CENTENARIO DE RODARI
Día das
bibliotecas, Centenario de Rodari… e veña festa!
O día 23 de outubro os de primeiro celebramos o Centenario
de Rodari, que mellor maneira de celebrar tamén o día das Bibliotecas
Escolares, que se conmemoraba xusto ao día seguinte, o 24.
Estrela deixounos na clase algúns contos de Rodari,
escollemos este para ler:
E gustounos tanto unha canción de botar a sortes se pode ler
nel que…
domingo, 8 de novembro de 2020
FESTEXAMOS O DÍA DAS ESCRITORAS
Celebramos o día das Escritoras
Dende a Biblio de Estrela sumámonos á proposta pola Biblioteca Nacional de España en favor da reivindicación da labor e o legado das escritoras ao longo da historia.
O pasado luns 19 de outubro, Día das Escritoras, na clase de primeiro recibiron unha entrega especial de Estrela.
Quixeron facer a súa propia homenaxe facendo o que elas e eles mellor saben, escribiron contos, felicitacións... aquí nos deixan unha mostra do seu traballo.
Tamén tiveron tempo para xogar á “Ruleta das Escritoras Galegas”.
martes, 3 de novembro de 2020
PARTE FINAL DO NOSO SAMAIN
E aquí a parte final do noso Samaín!!!
Esperamos disfrutarades tanto coma nós!!!
Agora.... imos argallando a seguinte celebración!!!
e mentras argallamos....
non vos perdades a seguinte publicación porque....
o dia das Bibliotecas Escolares non se nos olvidou
e gran merecido espacio tiña que ter
na nosa seguinte publicación!!!
domingo, 1 de novembro de 2020
CONTOS E LENDAS DE MEDO PARTE II. SAMAIN 2020
CONTINUAMOS COA FESTA!!
venres, 30 de outubro de 2020
Como estades peixiños? De seguro que desexando disfrutar dun dos días mais terroríficos do ano.
Como sei que os meus axudantes traballaron moitísimo para que tiverades un Samaín cheo de diversión... aquí deixo un adianto das moitas sorpresas que vos esperan!!!
E como non podia ser doutra forma.... lograron outro selo na nosa andaina do Ecoperegrinaxe
facendo uns contos e lendas....arrepiantes!!!! NORABOA PEIXIÑOS!!!
COMEZAMOS?
sábado, 24 de outubro de 2020
SAMAIN 2020
Estrela e os seus axudantes están buscando o seu mellor disfraz
para un dos días máis terroríficos do ano e así disfrutar
dos moitísimos contos e lendas de medo que están a recibir!!
Quedan poucos días para o gran estreno!!!
Estades preparados?
Bruxas, coruxas, sapos e morcegos...
buscade as vosas mellores vestimentas
porque nun escenario arrepiante.... un Samaín de medo vos agarda!!!
luns, 19 de outubro de 2020
ESTRELA RECIBE MOITA INFORMACIÓN SOBRE CAMBADOS E O CAMIÑO¡¡¡
Estrela e os seus axudantes están moi inquedos porque están a recibir moita información sobre o noso Patrimonio e sobre as Rutas do Camiño de Santiago que pasan por Cambados.
Estiveron aprendendo moitísimo e contáronnos a lenda do Preguiceiro, vos a coñecedes?
De seguro que se indagades tanto como estes cativos...
atoparedes ao preguiceiro nalgún monumento de Cambados.
E que me decides das sinais que atoparon pola súa andaina estes nenos/as.... a que esperades ?
De seguro que Estrela e os seus axudantes estarán esperando con moita ilusión os vosos traballiños.
Mentras esperan máis información.... deixan un adianto de todo o que recibiron¡¡¡
xoves, 15 de outubro de 2020
xoves, 8 de outubro de 2020
BOLETÍN EXPRÉS!!!
¡¡¡NOVIDADES NO PATIO DE VILARIÑO!!!
O NOSO PATIO VAI INCORPORANDO NOVOS MATERIAIS E XOGOS PARA QUE OS NOSOS CATIV@S DISFRUTEN DUN ESPACIO DE LECER E APRENDIZAXE NO MEDIO DA NATUREZA.
ESTRELA O VAI DISFRUTAR MOITÍSIMO E TI?
MIRADE!!!
luns, 5 de outubro de 2020
COMEZAMOS!!! ECOPEREGRINAXE POLO NOSO PATRIMONIO
DE SEGURO QUE TRABALLANDO XUNTOS LOGRAREMOS ACADAR A COMPOSTELA.
xoves, 1 de outubro de 2020
mércores, 29 de abril de 2020
Entrevista a Mariña
Como sabedes, o mes de abril sempre é moi especial no noso cole, e sobre todo na nosa bibioteca, porque facemos un montón de actividades relacionadas cos libros para celebrar o Día (e o mes) do Libro.
https://www.ivoox.com/50543158
Bicos confinados!