mércores, 11 de xaneiro de 2017

Antolín

Como o coello de Alicia no País das Marabillas, tarde, chego moi tarde!


Non ves? Non ves? Se son xa máis das tres! Marcho que teño que marchar!

Hai tempo que esta entrada tiña que estar feita pero no meu descargo direi que, como é tan especial (e, según veredes, tamén tan traballosa), había que facela con xeito e agarimo, que ben o merece o seu protagonista.


Pasaron xa varias semanas dende que publicamos unha foto no blog. Fermosa e misteriosa. Recolle parte da nosa historia: da escola, da parroquia... da que apenas coñeciamos nada.



A famosa foto que xa deu varias voltas ao mundo mundial.

Queriamos saber moitas cousas: onde se tirou e en que data, por que non hai mulleres nela, quen era ese home que parece un xigante, quen eses nenos e mozos, como era o seu día a día e que foi de todos eles.

E algún dato foi chegando, algunha cousiña.

Ata que apareceu el. Timidamente. Acompañado por Pili porque disque non se atrevía moito a falar... Pois mimadriña! Menos mal.



Antolín e Pili. Eu ao fondo non perdo detalle.

Antolín veu e deixonounos a todas abraiadas, profes, nen@s e peixe. Coa súa simpatía, co seu agarimo pero sobre todo.... coa súa memoria.


Descubrimos que el foi un dos protagonistas da foto, na que tamén aparece o seu mestre: Enrique Barreiro Piñeiro (de que me soa ese nome?).

Datouna: foi tirada en 1957. Hai case 60 anos!!!. 
Falounos da antiga escola de Sameiro, diante da que se colocaron para a instantánea. 
Contounos como eran as cousas daquela, o tempo da súa nenez.

Tróuxonos unha antiga Enciclopedia Álvarez. O seu único libro de texto. Tamén nos amosou un manual de matemáticas, máis vello aínda, empregado pola súa nai a principios do século XX.


Hummm. En canto se despiste, collo o libro e fíchoo para a nosa biblioteca. 51. Matemáticas


Libro de mates darredor do 1910, a Enciclopedia Álvarez dos anos 50 e Antolín na actualidadade con Mateo Padín, alumno de 5º. 
Ao fondo, proxectada gracias ás últimas tecnoloxías, a antiga foto. 
E todo esto ocorría na nosa biblioteca. 
A historia da educación do último século e pico retratada nun pispás.

O equipo de reporteir@s investigador@s sobre a historia do cole, o alumnado de 3º, 4º e 6º lanzoulle a súa batería de preguntas.

O grupo de 2º, organizador do encontro, interrogouno sen tregua. 
El respondeu a todo cun sorriso e custounos despedilo e rematar o acto.


@s reporteir@s maiores tomando nota de todo.


@s pequerreporteiros dálle que dálle.


Antolín explicando non me acordo que.. sería a longura da vara que empregaba don Enrique...?


Despois das preguntas e das anécdotas foi cando Antolín nos deixou de veras coa boca aberta.

Un por un foi nomeando a todos os fotografados. Algúns con nomes e apelidos, a outros, polo alcume. Dalgúns aínda nos deu algún dato máis. Nalgúns dubidou (ou sexa que hai que repasar por se a súa memoria non é tan infalible, hahaha).



Antolín dándolle a lección á profe Bea. Pili ao seu lado alucinando a colorines. Ela tamén gozou de historias que descoñecía. 


Antes de despedirnos tiramos unha nova foto que fará historia: Antolín con nós na biblio.
Cando xa marchaba pediunos un desexo: reunir de novo aos seus compañeiros e poder repetir a experiencia 60 anos despois.
E abofé que faremos todo o posible por cumplirllo!!



Unha das fotos de grupo. 
Decatádesvos de que temos representadas a tres xeracións de estudantes de Vilariño? 
Mirade: Mateo Paz; súa nai, Pili (que foi unha das alumnas que inagurou o actual cole) e seu avó Ángel na foto do fondo. Que pasaaaaaaaada.



Bicos agradecidos.



ESTRELA

E velaiquí vai o listado:





1.- Enrique Barreiro Piñeiro.

2.- Alberto Portas (avó de Adrián de 4º,Sara 2º e Laura de infantil).
4.- Juan Rodríguez Feijóo.
5.- Chicho Baúlo, "Patoira".
6.- José o de Rebusta.
7.- Ramiro Fuentes Cores.
8.- Ramón.
9.- Antolín do "Xián".(tiña 10 anos).
10.- Leandro
11.- Alberto Torres (tío avó de Alba 6º).
12.- José  Costa Varela.
13.- Manuel Peiteado
14.- José Saborido.
15.- Emilio Oubiña-
16.- Bernardo Núñez
17.- Constante Feijóo
18.- Benito.
19.- Manolo Feijóo, o do "Sr. Juan".
20.- Adolfo Núñez Fuentes.
21.- José Feijóo
22.- Pepe "o Bicho".
23.- Manuel Piñeiro.
24.- José Oubiña "o Rato" (era o que puña os motes)
25.- Alberto Núñez.
26.- Benito Acha Cores "o Chimpún".
28.- Hipólito.
29.- Ángel Baúlo (avo de Mateo Padín).
30.- Luís Martínez
31.- José Padín.
32.- Emilio.
33.- Paco Otero
34.- Moncho "Clariño".
35.- Moncho Costa Varela
37.- José Pérez Portas.
38.- Alberto Fuentes.
39.- Alberto Martínez Pazos.
40.- Moncho Aragunde "o Enterrador".
41.- José Luis Acha Cores.
42.- Emilio Costa Varela.
43.- Jaime Costa Varela "Jalico".

44.- José Pazos Chaves, irmán do cura José
45.- José?? Oubiña
46.- Eduardo "jalico".
47.- "Un de dena, traballador de Otero".
48.- Ramiro Oubiña Cores " o Rato".
49.- Moncho Miranda.
50.- Quico Pataqueiro.
51.- Moncho Padín Prego
53.- Pepe Padín Prego.



Ningún comentario:

Publicar un comentario