O longo do curso recibimos aquí na biblio diferentes charlas e obradoiros que nos ensinaron moitas cousas novas.
Charla de reciclaxe para os nenos e nenas de 2º.
O longo do curso recibimos aquí na biblio diferentes charlas e obradoiros que nos ensinaron moitas cousas novas.
Charla de reciclaxe para os nenos e nenas de 2º.
Durante este curso que está a piques de rematar estivemos realizando a actividade de Mochila Viaxeira e a verdade é que os nenos e nenas disfrutan desta actividade e son responsables cos libros que levan. Pero xa temos que despedila ata o vindeiro curso.
O martes os nenos e nenas de terceiro tiveron a sorte de disfrutar dun taller de radio da mán de Damián Alonso. Disfrutaron toda a mañá aprendendo cousas novas e gravando na nosa radio.
Esta foi unha semana de lecturas compartidas nas que os nenos e nenas de cuarto, quinto e sexto disfrutaron léndolles un conto a compañeiros e compañeiras de Infantil, primeiro , segundo e terceiro cursos durante as horas de lectura.
Se queredes pasar un bo rato escoitando a nosa "Radio Estrela" picade no enlace.
Neste primeiro enlace poderedes escoitar ós nenos e nenas de 1º EP contándonos o seu paso de Infantil a Primaria.
Neste segundo enlace os nenos e nenas de 2ºEP cóntannos como foi o día de SAMAWEEN no cole.
No seguinte enlace ides a escoitar un conto de medo arrepiante.
Neste enlace o alumnado de 3º EP fálannos sobre como entenden eles a PAZ.
Como entenden os nenos/as a PAZ
Dende o equipo de biblioteca desexámosvos a todos e todas un feliz día das
LETRAS GALEGAS.
Este é o mural que realizaron todos os alumnos e alumnas do noso cole para conmemorar este día.
Hoxe tedes novas lecturas na biblio. Esperamos que vos gusten!
Hoxe tivemos a sorte de ter no colexio un taller de collage que nos trouxo a sección de BIBLIO CREATIVA.
Carlos Gallego, ilustrador e deseñador gráfico, foi o encargado de levar a cabo este taller para todo o ciclo de Infantil, 1ºEP e 2ºEP. Estivo repartido en catro sesións de 50 minutos cada unha. Carlos díxonos que lle gusta explicar que calquera persoa pode crear fermosas imaxes de forma creativa, que ilustrar vai moito máis alá de saber ou non saber debuxar, por iso creou este taller de collage, para facer chegar ós nenos e nenas unha nova forma de representar o mundo que lles rodea.
Aquí tedes un resumo fotográfico das catro sesións.
INFANTIL
Durante toda a xornada do mércores 29 estiveron os nenos e nenas de sexto facendo o noso maio. Sen embargo, a verdade é que sin a axuda de todo o alumnado do cole non poderiamos facer esta actividade.
Todos os cursos estiveron a facer colares para adornar o maio.
Tamén agradecer ás familias por mandarnos todo o material necesario para levar a cabo esta actividade tan bonita. GRAZAS!!!
Aquí tedes unha pequena mostra do que foi a xornada do mércores.
Ó longo da semana pasada levamos a cabo a BÚSQUEDA DO TESOURO, actividade que propón o equipo de EDLG coma en anos anteriores. É unha actividade que lles encanta os rapaces e rapazas. Nela teñen que superar unha probas en galego, normalmente adiviñas e refráns. Cando superan as probas saen ó patio a buscar o tesouro. TODA UNHA AVENTURA!!!