E, por fin, estivemos de SAMAWEEN en Biblioestrela!
Comezamos a semana con cine. Cada ciclo puido desfrutar dun filme para festexar o SAMAWEEN.
Non só desfrutamos desta actividade, senón que tamén vos fixemos unha grata sorpresa para o venres. Estou segura de que vos gustou moito! Pincha no título e poderás ver...
TÚNEL DO TERROR👀
A partir do mércores estiveron chegando cabazas para a exposición.
Moitas grazas a todas as familias pola vosa colaboración!!!
A verdade é que todas estaban moi ben e, senón, xulgade por vós mesmos/as. Aquí tedes un vídeo coas vosas cabazas. GRAZAS POLA PARTICIPACIÓN!!!
EXPOSICIÓN DE CABAZAS 👀
Pero este venres houbo máis que sustos. Tamén o pasamos xenial cuns talleres terroríficos!!! Cada ciclo tiña tres ou catro talleres polos que iban xirando ao longo da duración destes. Aquí tedes un pequeno resumo!
INFANTIL
1º CICLO
ROBÓTICA 👀PINCHA
2º CICLO

3º CICLO
Como xa é tradicional no Samaween, os nenos e nenas trouxeron merendas terroríficas e doces para compartir cos compañeiros e compañeiras. Así que, como o tempo nolo permitiu, saímos fóra a degustar esas comidas. Cada ciclo tiña preparado o seu festín á hora de merendar.
E, xa para rematar a xornada, os nenos e nenas de sexto fixeron o conxuro.









.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)












.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)






