Hoxe tedes novas lecturas na biblio. Esperamos que vos gusten!
martes, 12 de maio de 2026
NOVEDADES NA BIBLIO
luns, 11 de maio de 2026
TALLER DE COLLAGE
Hoxe tivemos a sorte de ter no colexio un taller de collage que nos trouxo a sección de BIBLIO CREATIVA.
Carlos Gallego, ilustrador e deseñador gráfico, foi o encargado de levar a cabo este taller para todo o ciclo de Infantil, 1ºEP e 2ºEP. Estivo repartido en catro sesións de 50 minutos cada unha. Carlos díxonos que lle gusta explicar que calquera persoa pode crear fermosas imaxes de forma creativa, que ilustrar vai moito máis alá de saber ou non saber debuxar, por iso creou este taller de collage, para facer chegar ós nenos e nenas unha nova forma de representar o mundo que lles rodea.
Aquí tedes un resumo fotográfico das catro sesións.
INFANTIL
domingo, 3 de maio de 2026
OS MAIOS
Durante toda a xornada do mércores 29 estiveron os nenos e nenas de sexto facendo o noso maio. Sen embargo, a verdade é que sin a axuda de todo o alumnado do cole non poderiamos facer esta actividade.
Todos os cursos estiveron a facer colares para adornar o maio.
Tamén agradecer ás familias por mandarnos todo o material necesario para levar a cabo esta actividade tan bonita. GRAZAS!!!
Aquí tedes unha pequena mostra do que foi a xornada do mércores.
BÚSQUEDA DO TESOURO
Ó longo da semana pasada levamos a cabo a BÚSQUEDA DO TESOURO, actividade que propón o equipo de EDLG coma en anos anteriores. É unha actividade que lles encanta os rapaces e rapazas. Nela teñen que superar unha probas en galego, normalmente adiviñas e refráns. Cando superan as probas saen ó patio a buscar o tesouro. TODA UNHA AVENTURA!!!
















.jpeg)
.jpeg)


















.jpeg)


.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)


























