Todo o cole está atarefado de acó para acolá, investigando e facendo actividades.
O alumnado de 6º, por exemplo anda detrás da pista de anécdotas divertidas, curiosas, abraiantes ou arrepiantes que foron escribindo a historia do Enrique Barreiro Piñeiro, cole de Vilariño para @s amig@s.
E nesas estaban entre entrevistas a vellas glorias e pó acumulado de antigos documentos, cando alguén berrou: "e nós, que? Acaso non temos nada que contar?" e alguén respostou: "pois anda, claro. Nós tamén somos históric@s!"
E pararon un momento a súa frenética actividade para relaxarse e poñerse a lembrar anacos da recentísima historia do cole, que tamén conta.
Aquí van:
Cando eu era
pequena, un día en primeiro, no magosto, eu tiña medo dun boneco
que sempre queimabamos e deixáronme entrar no ximnasio e estiven a
xogar coas pelotas mentres os demais estaban fora mirando ao boneco.
Un día que estaba
en segundo e que non había que ir ao cole pero eu fun, eu mais os
meus compañeiros que tamén foron puxémonos a xogar co ordenador da
profe Carmela.
Cando era pequena
acórdome que eu máis as miñas amiga case sempre quedabamos nunha
pedra moi grande a merendar.
Lémbrome que fai
un ano aos meus compañeiros e mais a min nos encantaba xogar nas
ramplas do patio.
Nuria
Borrageiros Martínez
“Cando
eu era pequeno e ía ao colexio en parvuliños dicíame a profe que
si pasaba do patio dos pequenos que me comía un dragón”.
“Eu
recordo que o outro día deixeille o balón a Miguel na árbore”
“Eu
recordo que unha vez levei mochila dun compañeiro, dinme conta ao
día seguinte porque tiñamos a mochila igual”
Borja
Cando chegamos a
primeiro, a profe Carmela tiña un pau e pensabamos que era para
darnos con el pero resulta que era para sinalar.
Cando estabamos en
parvuliños Noel e eu tirabamos o balón fora do patio para saír do
recinto e que nos dera o soliño.
Unha vez deixei o
balón encima da pista cuberta. Por sorte o balón caeu e non pasou
nada.
Víctor Rey
Ortega
Acórdome
dun día, cando estaba xogando ao fútbol con Gabriel, que entrou un
can, e cada vez que eu lla pasaba a Gabriel, o can ía detrás do
balón, e ao final un profesor mandou o can fora.
Acórdome
dun día, que estaba en ximnasia xogando ao pilla pilla, e pillaba
Helena, e cando me ía pillar fun para o lado contrario o que ía e
esguincei o nocello.
Acórdome
dun día no Entroido, o profesor Rico disfrazouse de muller e nos
rimos moito.
Adrián
Santorun
Cando era pequena,
no patio de infantil, onde hai un tobogán, antes non o había.
Porque onde está a tela de araña ao lado había un tobogán de
madeira, que rompeu dúas veces, entón a segunda vez que rompeu
quitárono e fixeron un novo tobogán, que aínda se conserva.
“Cando eu estaba
en 8º recordo que para a excursión de fin de curso, na 1ª festa do
labrego, tiñamos un posto de bocadillos para recadar cartos, de ai
sacamos o diñeiro”.
Díxome
meu tío (que é albanel), que el fixo a pista descuberta e todo o
que está feito de cemento no patio (como o camiño por onde andan os
nen@s, as escaleiras...).
Sandra,
alumna de 6º
Cando eu era
pequeno recordo que un día tireille ao meu amigo areas aos ollos e
tivo que ir ao oculista.
Cando eu era
pequeno recordo que un día funme ao patio dos maiores, e cando me
pillaron castigáronme unha semana sen recreo
Manuel Charlín
Cando eu era
pequeno levantaba unha tapa que había no patio sen que ninguén me
mirara e xogaba cunha rá.
Cando
eu era pequeno, xogaba nun tobogán, que agora xa non esta porque
quitárono. Un día eu estaba xogando ao pilla-pilla, subín polo
tobogán e un neno agarroume dun colgante que tiña e empezoume a
afogar. Menos mal que despois o colgante rompeu.
Gabriel Martínez
Eu
cando subín para primeiro, o primeiro que fixen foi mirar o patio e
encontrei unha rá e deume pena e solteina para a finca do lado.
O
último día de colexio, cando eu estaba en terceiro, fixemos unha
festa e eu e uns compañeiro xogamos a unha guerra de cabalos, que
consiste en que uns suben enriba doutros e comezan a pelexar de
mentira.
Pablo
Casal
Cando
eu era pequena recordo que un día manchei unha pedra de sangue por
caer coa perna contra ela. Agora á pedra secoulle toda a sangue e
está escura.
Cando
eu era pequena recordo que un día quedoume o pé debaixo dun neno. O
pé estaba nunha mala postura. O irmán de Nerea levoume en brazos
xunto a un profesor. Por pouco torcía o pé.
Cando
eu era pequena recordo que un día estaba tirando da corda cunha nena
cando un neno colleu unha goma e tirou da corda quitándoma das mans.
Eu caín a o chan e a miña boneca chocou contra o cemento. Quedoume
un moratón negro enorme.
Elena
O primeiro día de
clase, a nosa profesora en 1º (a profe Carmela) tiña un pau para
sinalar, e nós pensabamos que era para pegar, e ata que nos dixo que
era para sinalar, ninguén falaba por medo.
En 2º, cun rapaz
que se chama Xosé Manuel, estabamos facendo un ditado e a profe
dicíalle a Xosé como se dicían as palabras, e nós copiabamos
.Gustoume porque repetía as palabras en alto para sabelas entón era
fácil copialas.
Un día Manuel
tiroume unha zapatilla ó retrete e ninguén ó sabia quen fora e
todos os rapaces menos eu quedaron castigados 3 días.
Noel Chaves
Peón
Cando
cheguei ao cole, criame Deus, pero vin que todo o mundo seguía a
Alba e dixen:
“Debería ter quedado en Segovia”. Pero agora xa non quero ser a
que manda.
Cando
cheguei ao cole non tiña ningún amigo, por que era moi rara, ou iso
dicían, a miña única amiga era Irene, que me fixo cambiar, pero
pouco.
Eva
Eu
recordo que no curso 2016 – 2017 torcín un pé. Sandra acompañoume
a xunta a mestra Bea. Cando subiron todos andábanme a preguntar que
me pasara. Eu só llo dixen a un neno e a unha nena. Despois díxenlle
que llo dixeran aos demais.
Eu
recordo que cando eu cheguei a este colexio a miña mestra era
Carmela. Cando aprendín a facer a letra S facíao ao revés.
Nerea Álvarez
Núñez
Recordo
que cando estaba en infantil unha antiga mestra chamada Alba traía
mel, limón, laranxa...para que a probáramos e todos probaban a mel
menos eu, porque non me gustaba a mel. Era moi divertido.
Recordo
que cando estaba en 2º, un neno chamado José Manuel, cando
estábamos no recreo caeulle toda a auga polo chan da clase, e a
mestra tocáballe garda no patio e cando tocou o timbre e subiu a
mestra botoulle a bronca.
Recordo
que cando estaba en 1º de infantil a mestra dicíame algo e eu non
lle contestaba, porque tiña moita vergoña. E coas miñas
compañeiras sí que falaba. E un día a mestra chamou a miña nai e
a miña nai dixo que na casa falaba moito. E pouco a pouco fun
falando máis.
Irene
Abal
Eu
recordo que un día andei en cars no cole e trouxen a miña bici de
derrapes.
Eu
recordo que un día levei un bulto na cabeza para a casa porque batín
cotra o chan da pista descuberta .
Eu
recordo que un día no Xogade metín unha canasta no partido.
Adrián
Suárez
Cando
estaba en terceiro un neno empuxoume e caín enriba dunha roca e
rompín o cóbado.
Cando
estaba na de Chuli (no colexio da Modia) estaba eu mais unha nena e
caímos de cabeza ao chan e tivéronos que poñer xeo na cabeza.
Uxía
Ameneiro
Cando
estaba en 3º acórdome que un señor traía pombas porque era o día
da paz , e os de 6º soltábanas. A min encantábame velas, e agora
que estou en 6º non se fai, jojojo.
Ainhoa
Mosteiro
Unha
vez caín no patio e doeume moito.
Unha
vez corrín polos pasillos.
Hugo
López
E vós, queredes compartir as vosas anécdotas? Pois as liñas están abertas! Comentade aquí abaixo!
Bicos anecdóticos
ESTRELA
Faltan anécdotas
ResponderEliminarUmmm, querid@ anónim@, publiquei ás que chegaron ás miñas aletas... dame máis datos...
EliminarDe tódolos xeitos podes publicar as túas aquí, nos comentarios.
As anécdotas encantaron me, seguramente as que sigan publicando seguirán impresionan dome
ResponderEliminarencantoume
ResponderEliminarme gustou moito, espero que sigan publicando moitas mis xd
ResponderEliminarincreible me encantou lol
ResponderEliminara min encantoume pero o que mais me gustou foi o de adrian santorun
ResponderEliminar