xoves, 14 de marzo de 2024

Obradoiro de biblio creativa (Julia de la Cal)

  A finais de febreiro, o alumnado de primaria, por grupos, participou da man de Julia de la Cal na construción  colectiva dunha cabana de vimbio vivo. Primeiro, plantouse o vimbio e logo formouse unha cúpula con ventás coa técnica de cestería intuitiva, tamén chamada 'técnica niño' que é a que empregan os paxaros para facer os seus niños.
Esperamos que sexa un lugar acolledor para xogar no entorno natural que temos no patio.
Agora, a nosa labor é regalo cando non chova para que comece a brotar.


















Pilabot

 Pilabot é un robot que foi creado para cumprir unha misión: protexer o medio ambiente minimizando a contaminación xerada polos residuos de pilas. Fabricárono co obxectivo de realizar unha recollida selectiva de pilas, pero o seu traballo está a complicarse. A xente cada vez usa máis aparellos electrónicos e con eles, máis pilas, baterías, cargadores… Pilabot ten que cumplir coa súa misión, polo que solicita axuda ás novas xeracións a través dun concurso para centros educativos: o que máis pilas recolla, terá premio.



No noso centro tamén contribuimos coa recollida participando no concurso.

luns, 26 de febreiro de 2024

Entroido 2024

 

O 8 de febreiro rematamos a Semana do Entroido cunha festa que incluiu choqueirada, merenda típica (filloas, orellas, rosquillas...), música e bailes, xuízo e testamento... e aínda que choveu e non se puido facer a queima nin o desfile co avión elaborado polas familias preparado durante días, non desluciu a festa. 
Moitas gracias, familias pola colaboración.
Aquí tedes o enlace ao vídeo.
A falta de desfile, deixamos as fotos dos grupos... Veredes que foron uns disfraces moi ben conseguidos! Noraboa.















mércores, 31 de xaneiro de 2024

Actividade 'Plantando árbores con pinceis'

 A través de Afundación, obra social de Abanca e da man de 'A Vella Escola' levamos a cabo a actividade 'Plantando árbores con pinceis', un proxecto pola sustentabilidade que une cultura e coidado do medio ambiente, realizando un mural artístico con pinturas fotocatalíticas anticontaminación, que absorben e depuran os contaminantes que hai no aire.

O alumnado de 4º, 5º e 6º realizaron o mural no exterior, pensando e elaborando o boceto.

O alumnado de 1º, 2º e 3º decoraron bolsas de tea de algodón con pinturas ecolóxicas... e aproveitando que estabamos preto do día 30 de xaneiro, moitos dos diseños tiñan relación coa paz e a non violencia.

Unha iniciativa innovadora que ten como obxectivo acercar ao alumndo unha mensaxe positiva sobre o coidado do entorno, propoñendo alternativas de ocio que fomenten o respecto ao medio natural a través da arte, cunha metodoloxía participativa e colaborativa.

 






martes, 30 de xaneiro de 2024

30 de xaneiro (Día Internacional da Paz e da non violencia)

 Celebramos o Día da Paz durante toda a semana xogando a xogos de mesa que @s nen@s trouxeron da casa. Explicaban as normas de xogo, se comprometían a coidar o material e a xogar sen pelexar. O venres despois do recreo foi o Gran Día dos xogos, e cando se desfrutou de xogar, compartir, explicar, gañar e perder, falando, asumindo, etc.

Deixamos unha mostra do alumnado máis novo da escola:







Na entrada da nosa Biblio deixamos unha mostra de contos sobre a Paz e Non Violencia.


Tamén realizamos un gran mural na entrada do cole coas imaxes de todo o alumnado e profesorado, decoradas ao estilo Andy Warhol.