Durante toda a xornada do mércores 29 estiveron os nenos e nenas de sexto facendo o noso maio. Sen embargo, a verdade é que sin a axuda de todo o alumnado do cole non poderiamos facer esta actividade.
Todos os cursos estiveron a facer colares para adornar o maio.
Tamén agradecer ás familias por mandarnos todo o material necesario para levar a cabo esta actividade tan bonita. GRAZAS!!!
Aquí tedes unha pequena mostra do que foi a xornada do mércores.
O xoves 30 de abril os nenos e nenas de 1º EP fixeron unha actuación, que prepararon coa profe Marián, para festexar o día dos Maios en Peña, donde estaba o noso maio xunto co de outros coles e institutos. O alumnado de 2º EP acompañounos como público.
Pincha neste enlace e poderás ver a actuación dos nenos e nenas de 1º.
↓↓










Ningún comentario:
Publicar un comentario