Co gallo do día da Paz e da NON Violencia, dende o cole fixemos un mural conxunto.
Todos os nenos/as recortaron pombas de distintas cores (azuis, amarelas, negras, verdes e vermellas) para facer o noso Aro olímpico da Paz co lema:
"Vilariño móvese pola Paz"
O aro olímpico representa a unión dos distintos continentes e neste caso, unidos por un fin común: a. PAZ
Cada continente queda representado cunha cor: Azul (Oceanía), amarelo (Asia), negro (África), verde (Europa) e vermello (América).
Durante parte do día lévanse a cabo obradoiros intraciclos nos que se traballa de forma cooperativa, respetando, axudando e movéndonos pola PAZ.
Aquí tedes un pequeno resumo:
Finalmente cantamos todos/as xuntos/as unha canción pola PAZ.
Canción PAZ
Tamén podedes disfrutar de moitos contiños que abordan a temática.
Ningún comentario:
Publicar un comentario