Co galo do " Día da Nena" dende o Concello achegan aos coles sesións de contacontos baseadas na temática de igualdade:
CONTOS EN LILA OU... CONTOS PARA RIR, EMOCIONARSE E REFLEXIONAR.
Para conmemoralo recibimos a visita de Cris de Caldas que a través de caixas máxicas de contos fíxonos afondar no respeto, na convivencia e nas relacións baseadas no bo trato; mellorar a expresion oral e psicomotriz ao mesmo tempo que identificamos e rachamos cos estereotipos de xénero.
Graciñas Cris, ao Concello Igualdade por esta inicativa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario