Na biblio tentamos ter un catálogo de obras amplo, actualizado, que se axuste ás nosas necesidades.
Ou sexa que a cada pouco asoman pola porta caixiñas cheas de tesouros. Libros que arrecenden a novo e que na meirande parte das veces xa nin chegan ao expositor de novidades.
Apenas se rexistran xa saen voando nas vosas mans.
Pero a biblio ten un espazo limitado e tamén a cada pouco imos retirando dos andeis libros que deixan o seu espazo ás novas incorporacións.
Son libros fermosos, importantes, sabios... e nunca van deixar de selo.
Entón por que os retiramos?
Pois porque temos moitos exemplares repetidos, porque temos novas edicións, porque xa están un pouco gastados e vivirán mellor no caloriño e tranquilidade da vosa biblioteca persoal...
Na entrada da biblio atoparedes unha mesa cos libros expostos. Hainos de todas as temáticas e para todas as idades, incluso para adultos.
Invítovos a que collades dous para vós e dous para agasallar na vosa casa.
As familias tamén podedes vir en horario de tarde.
Parádevos un pouquichiño a elixilos con cariño.
E gozádeos.
Bicos de agasallo
ESTRELA
Se poidera coller todos, colleríaos.Encantame ler.
ResponderEliminarSei que che encanta ler, Aitana.
ResponderEliminarPero non te preocupes, na biblio tés ao alcance da túa man máis de 6 mil libros en préstamo.
Daralos lido todos?
;)
Eu aprobeitei os ultimos libros con Aitana de cuarto e creo que foron os meyores .
ResponderEliminarBoa colleita fixestes entre as dúas!
ResponderEliminarGozádeos en familia.