mércores, 5 de decembro de 2018

Boas novas! Moitas!

Ola, linguachiñas/os.

Estes días estamos moi contentas e contentos no cole de Vilariño porque asomaron o fuciño novas marabillosas para toda a comunidade.

A primeira é que gañamos o 


Concurso Nacional de Buenas Prácticas en centros docentes educativos

cunha dotación de nin máis nin menos que 10 mil euros!! Que grande axuda para seguir mellorando!!

Pero a cousa non rematou aí, a Biblio de Estrela foi seleccionada para entrar no programa

A radio na biblio

que nos aportará máis formación para as docentes e 2 mil euros para invertir na biblioteca.


Por se isto fora pouco, o Concello de Cambados, a través de Víctor Caamaño, concelleiro de Educación, elixíu a nosa Radio Estrela para presentar a segunda edición do Curso  "Creación dunha televisión e radio escolar en Cambados", á que asiste unha boa representación do claustro do noso cole.

Que orgullo!

Veu acompañado de Xoán Leira, director de devandito curso a atender aos medios de comunicación.

Pero as nosas reporteiras e reporteiros de quinto non quixeron deixar pasar a ocasión de facerlle unha entrevista.





Próximamente poderedes escoitala na nosa canle de ivoox

Xa vos podemos adiantar que foi moi interesante e profesional!

O señor Caamaño interesouse polas melloras que veñen de executarse nestes semanas na nosa biblio (o cambio dos teitos polo que tanto piamos) e comprometeuse a que o Concello completará o acondicionamento dos dous espazos.

Confiamos en que así será!!


Bicos redelísimos,

ESTRELA

Ningún comentario:

Publicar un comentario