martes, 28 de marzo de 2017

Cole de Vilariño: lenzo dunha grande artista

Lula Goce, unha grande artista, está pintando a fachada do noso colexio para celebrar o seu 35 aniversario. Este acto  pechará o proxecto 35, proxecto no que están traballando todos os nenos e nenas do colexio dende Setembro.
Proximamente invitaremos as familias a asistir ás exposicións que estamos a preparar: anécdotas, financiación, fotos antigas, as nosas árbores  e taller de pintura.
Estamos moi pendentes do tempo para ver cando remata a obra xa que nos gustaría facer unha inauguración na que estivesen: familias, mestres, ex alumnos, antigos mestres etc.
Estade moi atentos que informaremos do día exacto.

Aproveitamos este escrito para agradecerlle a Lula que estea pintando e traballando por facer a nosa fachada máis bonita.

Parte do mural feito por Lula Goce

Asinado: Mateo Padín, Iván Durán, David Contiñas, Sabela Abal, Uxía Bermúdez, José Manuel García.

4 comentarios:

  1. pareceume unha parbada gastar tanto diñeiro niso. ademoais borrachedesw os debuxos dos antigos alumnos, como queredes facer historia se a borrades?
    e na presentacion que viñeron os pais en todo se lle tiña que dar grazasa lula solo ela fixo eso ou que?

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pero tamen esta chulo!!!!!!. Se lle da as grazas por facer ese debuxo tan bonito!!!

      Eliminar
    2. Pero tamen esta chulo!!!!!!. Se lle da as grazas por facer ese debuxo tan bonito!!!

      Eliminar