martes, 29 de novembro de 2016

Última chamada!!

Como xa é noticia dende aquí ata o meridiano 35 este, en Vilariño estamos preparando unha exposición de fotos sobre o noso cole.

Mandamos notas, mensaxes, pegamos cartaces, fomos casa por casa... e todo para que abrades os vosos cofres dos tesouros máis valiosos e compartades co resto da comunidade aquelas imaxes daqueles marabillosos anos.

Pero vese que as chaves dos cofres deben estar ben agochadas, que poucas fotos chegaron ás nosas mans.

Remata o tempo programado para preparación da exposición!!!

Por eso.... ÚLTIMA CHAMADA!!! COLABORADE!!! HELP!!! AXUDIÑAAAAAAA!!!!




Nenas e nenos de 2º empapelando Vilariño para abrandar os vosos corazonciños...

3 comentarios:

  1. canto traballas estrela no blog!!!!!!!!!

    ResponderEliminar
  2. Claro que si, porque o cole non para! Gracias polo comentario, David. Un bico graaaaaaande

    ResponderEliminar
  3. ola eu querobos axudar pero non teño fotos
    asta pronto

    ResponderEliminar