Bos días a tod@s!
O outro día, dando un paseo polo cole, escoitei un barullo tremendo. Como eu son de natureza un pouco cotilla, asomei o fuciño para cheirar a ver que estaba pasando, e atopei aos nenos e nenas de terceiro correndo dun lado para outro, buscando pistas, e pregunteilles que estaba pasando. Pero como seguro que eles explícanse moito mellor ca min, aí vai o seu relato do que aconteceu na súa clase:
A BUSCA DO COMPOSTEIRO (por Adriana Bahamonde)
"Diego, Sara, Gabriel e mais eu eramos o equipo amarelo, e a profe dounos un sobre de cor amarelo e tiñamos que resolver algo: era un sobre que dentro tiña un papel no que había números que ao lado tiñan letras. Mais arriba había números e debaixo tiñamos que poñer as letras segundo os números. Descubrimos que poñía "ir ao hall", buscamos e buscamos pero ao final fomos os últimos en atopar a seguinte pista. A profe díxonos por que zona estaba e Gabriel atopouno detrás do radiador. Chegamos a clase e era un puzzle bastante difícil. Cando todos sabiamos onde ir a nós tocounos ir arriba, e Sara atopou a seguinte pista debaixo das froitas. Dixo que esa pista estivera chupada! Chegamos de novo á clase e tiñamos que ordear unhas palabras. Ao final era algo sobre a aula pequena da biblioteca. Fomos alí e cada equipo atopou dúas pezas do composteiro. Ao final gañamos todos, pero o equipo que foi máis rápido en todas as probas foi o de Ángela. Nós fomos os últimos en coller as pezas do composteiro. Pasámolo xenial!"
E para que vexades o ben que o pasaron aí vos vai un pequeno resumo desta grande aventura. Dixéronme que aínda non acaba aí a cousa, así que esperemos que nos sigan informando.
Este comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarestubo moi chulo facer a busqueda do tesouro
ResponderEliminarFoi moi dibertido a busqueda do tesouro.
ResponderEliminarFacer a busqueda estubo moi ben me gustou moito
ResponderEliminarQue actividade máis divertida!
ResponderEliminarEste comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarFoi moi bonito.
ResponderEliminar