martes, 28 de marzo de 2017

Cole de Vilariño: lenzo dunha grande artista

Lula Goce, unha grande artista, está pintando a fachada do noso colexio para celebrar o seu 35 aniversario. Este acto  pechará o proxecto 35, proxecto no que están traballando todos os nenos e nenas do colexio dende Setembro.
Proximamente invitaremos as familias a asistir ás exposicións que estamos a preparar: anécdotas, financiación, fotos antigas, as nosas árbores  e taller de pintura.
Estamos moi pendentes do tempo para ver cando remata a obra xa que nos gustaría facer unha inauguración na que estivesen: familias, mestres, ex alumnos, antigos mestres etc.
Estade moi atentos que informaremos do día exacto.

Aproveitamos este escrito para agradecerlle a Lula que estea pintando e traballando por facer a nosa fachada máis bonita.

Parte do mural feito por Lula Goce

Asinado: Mateo Padín, Iván Durán, David Contiñas, Sabela Abal, Uxía Bermúdez, José Manuel García.

luns, 20 de marzo de 2017

E a roda sigue xirando...

Como pasa o tempo!
Hai nada estabamos falando do solsticio de inverno e xa está aquí o equinoccio de primavera!
Desta volta, no noso hemisferio celebramos que o inverno rematou, que os días seguen a medrar, que as árbores comezan a abrochar e que xa algún paxariño se escoita.

Lembrádesvos da roda das estacións?

Como en cada cambio de estación, as festas multiplícanse nas diferentes culturas setentrionais.
Se tendes curiosidade....pinchade aquí.

Seguro que a que máis coñecedes é a Pascua. 
Como xa vimos, o cristianismo colle celebracións moito máis antigas ca el, case sempre relacionadas coa natureza e transfórmaas ao seu xeito.
Se no solsticio de inverno (nadal) fixaba o nacemento de Xesús, no equinoccio de primavera (pascua) data a súa morte e resurrección.

E en Vilariño, como celebramos tal acontecemento astronómico?
Pois como vai ser, ao grande, como somos nós.

Para empezar, cun final: o do Proxecto 35.
Lula Goce deu as primeiras brochadas do seu mural coa última lúa de inverno e continuará a darlle cor cos primeiros soles de primavera (cando as tamén primaverais nubes e pingas de chuvia llelo permitan).

A cousa vai tendo moi boa pinta.
Para a inaguración da fachada teremos que montar unha foliada como é debido. Va que si?

A noite

E o día


Pouco a pouco vaise desvelando o misterio: que terá a artista na súa cabeciña?


Pero eso non é todo, amig@s

Hoxe, cando a terra estaba chegando xusto ao punto no que o día e a noite duran o mesmo, asomou pola nosa porta Charo Pita.

E que quería?
Pois contarnos contos, que para eso o día 20 de marzo é tamén (TAMÉN) o día da tradición oral.
Viva a nosa tradición oral!


Viña invitada pola Biblioteca Municipal de Cambados que organizou o ciclo Biblioteca Viaxeira.

Achegan actividades interesantísimas aos coles e danse a coñecer a toda a rapazada da contorna.


A nosa amiga María, encargada da Biblio Pública de Cambados, 
animándonos a visitala na casa dos Fraga. A que esperas?


Charo abríu a súa maleta, da que sairon pucheiros, ras, mazarocas de millo, fabas, velliñas, velliños, mozos de ximnasio... e cando nos demos conta estabamos berrando; chegou a primavera! VIVA!


- Que conto ía contar eu? ah si, o das velliñas!


- Eran dúas velliñas que vivía xuntas, e durmían xuntas e comían xuntas....


Cantos bechos caben nun conto sen palabras!


- Aqui onde o vedes, neste pucheiro estase facendo un cocido de vento



- E se queres ser unha grande contadora coma min, este é o primeiro truco....


E, para rematar, e como sei que vos encantou a sesión de contos, mañá atoparedes na biblio unha escolma ben chusquiña deles nos expositores, para que os levedes con vós e llos contedes a quen máis vos pete.

As nenas e nenos de segundo escolleron
os seus contos  favoritos para compartilos con vós.


Bicos conteiros.

ESTRELA





martes, 14 de marzo de 2017

Proxecto comedor: non damos feito

As últimas novas que temos d@s nos@s investigadores de segundo é que marcharon ás terras do sur en pos do coñecemento.

Hai tempo que non dan sinais de vida e @s seguidores das súas pescudas empezan a estar inqued@s.
Que sera del@s? Voltarían? Estarán ben?
Caerían dentro dunha pota xigante e agora forman parte dun menú saudable?

Pois queremos transmitir unha mensaxe de tranquilidade. Están perfectamente, en forma e facendo o que mellor saben: proseguindo coa súa investigación.

En Gondomar recolleron moitos datos interesantes que agora están procesando. En breve compartirán as súas novas conclusións co mundo.

Só podemos adiantar que no cátering tratáronos fenomenal e que teñen milleiros de razóns para estar agradecid@s a Sonia e ao seu equipo.


Non perdades ollo! Pronto contarán máis.


O equipo de investigación perfectamente camuflado para non chamar a atención nin no comedor, nin no cátering, nin nas salas de redacción dos mellores xornais do mundo.  El@s si que saben!



Doa sangue!

Si, xa sei que as nenas e nenos do cole non podedes doar aínda, pero podedes transmitir nas vosas casas esta importatísima mensaxe: doar sangue salva vidas.
O cole de Vilariño, xunto con outros da contorna participa na campaña Mensaxeros Solidarios.

Queredes saber máis?
Pois premede aquí


Bicos mensaxeiros

ESTRELA

Máis caras novas no cole

O equipo de redacción da biblio de Estrela pásanos esta nova.


Preme aqui para vela

martes, 7 de marzo de 2017

Proxecto 35: medindo a fachada

O grande día está a chegar.
Lula Goce chegará cos seus pinceis e encherá de arte a nosa fachada.
Pero non todo é chegar e encher!
Para o seu traballo precisa de nós, e da nosa sapiencia científica.
Un grupo de matemáticas e matemáticos de fama mundial, reunidos casualmente no quinto curso do colexio de Vilariño ocupouse persoalmente de medir a fachada con tranganillos de última xeración.
A precisión foi milimétrica.
Mirade, mirade...




Eu tamén paro

Mañá, 8 de Marzo é o día Internacional da Muller.

Está convocado un paro reinvindicativo, 
Pola igualdade de dereitos. Contra a discriminación. Contra a violencia.

Eu tamén paro, de acordo coa convocatoria, de 12:00 a 14:00



Para saber máis:

http://www.codigonuevo.com/por-que-deberias-hacer-el-paro-internacional-de-mujeres-del-8-de-marzo/

http://www.feminismo.info/webgalego/

http://www.steg.gal/muller/ampliar.asp?id=3561

Bicos feministas:

ESTRELA