E facendo homenaxe ó proxecto deste ano "De festa en festa" deixamos a celebración da PAZ e comezamos co ENTROIDO. Xa temos o noso MECO especial que nos vai ir indicando os mandatos.Hoxe luns non esquenzades traer algo na testa.
Mañá martes non esquezades traer:
E xa case estamos na metade da semán, non esquezades traer mañá mércores...
E xa imos polo xoves, lembrade que podedes vir disfrazados como queirades
E por fin chegou o venres, O GRAN DÍA! Foi verdade que choveu e non poidemos saír polo pobo, como é tradicción, pero pasámolo moi ben durante toda a xornada. Aquí vos deixo algunhas fotos de como estabades moi ben disfrazados. Cada ciclo representando unha festa típica da zona.
Os nosos nenos e nenas de Infantil e Modia representaban OS DANZANTES DE COVAS
O ALUMNADO DE 1º ÍA DE GAITEIROS E GAITEIRAS
Os nenos e nenas de terceiro representando a Feira Franca
O alumnado de 4º xa está preparado para a FESTA DA AUGA
O Terceiro ciclo representaban a FESTA PIRATA
O alumnado de 6º foi o encargado de ler o xuízo e testamento do Meco.
E como remate da xornada fixemos a tradicional queima do MECO elaborada por todos os nenos e nenas do colexio.












.jpeg)



Ningún comentario:
Publicar un comentario