Como todos e todas sabedes o 23 de abril celébrase o día do libro. Por ese motivo, Estrela, enviouvos esta carta, propoñéndovos unha actividade moi interesante para facer coa vosa familia.
Aquí vos deixo o traballo que entre todos e todas fixestedes para conmemorar este día.
Os nenos e nenas de Infantil C fixeron unha pequena obra de teatro coa profe Marián, e non podíamos deixar de compartirla no día de Rosalía. Espero que vos guste porque eles pasárono moi ben facendoa.
https://youtu.be/8RDp9iOqGpA?si=zZa-oPSdO2d6p2Gj
O alumnado de 6ª fixo na impresora 3D estes preciosos marcapáxinas
E facendo homenaxe ó proxecto deste ano "De festa en festa" deixamos a celebración da PAZ e comezamos co ENTROIDO. Xa temos o noso MECO especial que nos vai ir indicando os mandatos.Hoxe luns non esquenzades traer algo na testa.
E xa imos polo xoves, lembrade que podedes vir disfrazados como queirades
Na entrada do cole temos un precioso mural co lema :
PECHA OS OLLOS E PENSA NA PAZ
QUE VES?
Está quedando moi ben grazas a participación de todo o alumnado. GRAZAS!!!
E onte deron comezo os talleres de pulseiras da paz.
Os primeiros foron os da clase da profe Chiky que tiveron uns axudantes especiais.
O alumnado de 6º estivo encantado de axudarlles con esta tarefa.