luns, 2 de xuño de 2025

Entrevista a Araceli Bugallo

 Co galo do proxecto de centro "Vilariño Móvese", Araceli Bugallo quixo compartir un ratiño con todos nós para explicarnos e adentrarnos no mundo da Esgrima.

Moitas Grazas Araceli.




Podedes escoitar a entrevista que lle fixeron os nenos de Infantil A na Radio Estrela

Entrevista Araceli Bugallo

mércores, 28 de maio de 2025

American Day: bye bye Gabby

 Hoxe celebramos o tan ansiado American Day no cole para despedir a nosa auxiliar de conversa Gabby.

Esperamos que disfrutases da túa estancia no noso cole.

Boa viaxe.











sábado, 17 de maio de 2025

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 FELÍZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS


Este ano o día das letras galegas, 17 de Maio, está adicado "ÁS CANTAREIRAS".

Dende o CEIPP Enrique Barreiro Piñeiro quixemos conmemorar este día facendo este mural no que participaron todos/as os nenos/as de Infantil coordinados pola mestra Marián e a mestra María P.





Ademáis, tamén participamos na actividade organizada polo Concello para conmemorar dita data.
Os nenos/as de 4ºEP representaron ao noso cole cunha actuación organizada pola mestra Marián.

Mirade o ben que o fixeron.

A PALABRA TEN VIDA!!!












mércores, 30 de abril de 2025

OS MAIOS

 ESTE ANO TAMÉN FESTEXAMOS O DÍA DOS MAIOS PERO DUNHA FORMA UN POUCO DISTINTA.

DADAS AS CIRCUNSTANCIAS DESTA SEMANA QUE PASARÁN A FORMAR PARTE DA NOSA HISTORIA... QUIXEMOS RECUPERAR A NORMALIDADE FACENDO UN OBRADOIRO DE COLARES MANTENDO A TRADICIÓN DESTA CONMEMORACIÓN.

 DISFRUTAMOS MOITÍSIMO.


AGRADECER ÁS FAMILIAS A SÚA COLABORACIÓN.



mércores, 23 de abril de 2025

23 Abril Dia do Libro


Ao longo da semana fixemos distintas actividades.


Na búsqueda do tesouro resolvendo distintas retos.



Lecturas compartidas entre Infantil e 6º de E.P.





E como non podía faltar... o tan esperado LEME PROFE










  









 

luns, 14 de abril de 2025

Taller anosmia

 O día 10 de abril tivemos unha visita moi especial ao noso centro. 

O alumnado de 3º, 4º e 5ºcurso de primaria foron os anfitrións desta actividade. 

Unha rapaza moi especial, chamada Abi, visitou o noso centro para contarnos o problema que padece. 

Ela sufre de anosmia. E, para os que non o saiban, a anosmia é a perda total do olfacto.

A través dunha excursión “moi olfactiva” polos arredores do centro, os nenos e nenas

aprenderon a entender a vida tal e como o fai Abi, dende os ollos ou “as narices” de Abi. 

Foi unha experiencia que, de seguro, non esquecerán.











venres, 4 de abril de 2025

CHARLA PRIMEIROS AUXILIOS: CHAMA AO 112

 O XOVES TIVEMOS A SORTE DE RECIBIR UNHA CHARLA SOBRE PRIMEIROS AUXILIOS IMPARTIDA POR ALICIA TOUCEDO E EVA DE EMERXENCIAS DO PAC DE CAMBADOS.

ENSINÁRONLLE AO ALUMNADO DE 5º E 6º DE EP COMO ACTUAR ANTE UNHA EMERXENCIA.










MOITAS GRAZAS POR TODO.

luns, 17 de marzo de 2025

Lecturas compartidas

 Como cada trimestre, dunrante unha semana, compartimos un ratiño xuntos na hora de ler.











Encántanos disfrutar deste ratiño xuntos!!!



Navega con rumbo

 Estivo no noso centro Jesús Perón impartindo unha charla 

para os nenos/as de 5º e 6º de EP sobre 

"A seguridade en internet da mocidade".

Quedádevos con este principio fundamental:

Non fagas en internet o que non farías na vida real.