mércores, 30 de abril de 2025

OS MAIOS

 ESTE ANO TAMÉN FESTEXAMOS O DÍA DOS MAIOS PERO DUNHA FORMA UN POUCO DISTINTA.

DADAS AS CIRCUNSTANCIAS DESTA SEMANA QUE PASARÁN A FORMAR PARTE DA NOSA HISTORIA... QUIXEMOS RECUPERAR A NORMALIDADE FACENDO UN OBRADOIRO DE COLARES MANTENDO A TRADICIÓN DESTA CONMEMORACIÓN.

 DISFRUTAMOS MOITÍSIMO.


AGRADECER ÁS FAMILIAS A SÚA COLABORACIÓN.



mércores, 23 de abril de 2025

23 Abril Dia do Libro


Ao longo da semana fixemos distintas actividades.


Na búsqueda do tesouro resolvendo distintas retos.



Lecturas compartidas entre Infantil e 6º de E.P.





E como non podía faltar... o tan esperado LEME PROFE










  









 

luns, 14 de abril de 2025

Taller anosmia

 O día 10 de abril tivemos unha visita moi especial ao noso centro. 

O alumnado de 3º, 4º e 5ºcurso de primaria foron os anfitrións desta actividade. 

Unha rapaza moi especial, chamada Abi, visitou o noso centro para contarnos o problema que padece. 

Ela sufre de anosmia. E, para os que non o saiban, a anosmia é a perda total do olfacto.

A través dunha excursión “moi olfactiva” polos arredores do centro, os nenos e nenas

aprenderon a entender a vida tal e como o fai Abi, dende os ollos ou “as narices” de Abi. 

Foi unha experiencia que, de seguro, non esquecerán.











venres, 4 de abril de 2025

CHARLA PRIMEIROS AUXILIOS: CHAMA AO 112

 O XOVES TIVEMOS A SORTE DE RECIBIR UNHA CHARLA SOBRE PRIMEIROS AUXILIOS IMPARTIDA POR ALICIA TOUCEDO E EVA DE EMERXENCIAS DO PAC DE CAMBADOS.

ENSINÁRONLLE AO ALUMNADO DE 5º E 6º DE EP COMO ACTUAR ANTE UNHA EMERXENCIA.










MOITAS GRAZAS POR TODO.