venres, 28 de abril de 2023

Os Maios

 Como cada ano festexamos unha festa de tradición cultural moi arraigada no noso pobo.

Buscamos información na nosa biblioteca, recitamos algúns poemas como "Aí ven o Maio" de Curros Enriquez... e elaboramos o noso propio Maio onde todos participamos.


Coa colaboración de todas as familias imos facendo provisión de fiunchos, pampullos, calas, ovos baleiros, coquiños.... para elaborar o noso propio Maio e .... a traballar!!!

Os máis pequeniños encárganse de facer colares de pampullo, outros  fan composicións de flores, cadeas de ovos baleiros... e os maiores fan a produción final.

Aquí o resultado.


Ademáis, participamos no acto que celebra anualmente o Concello para conmemorar dita tradición e no que estivemos representados polos alumnos/as de 1º de EP

Aquí tedes a nosa representación.






mércores, 19 de abril de 2023

SEMANA DO LIBRO

 Para conmemorar a semana do libro estivemos argallando moitísimas actividades.

Lectura du contiño por parte da mestra Andrea 

do CEIP de San Tomé

Moitísimas Gracias Andrea, disfrutamos moito.

Lectura de contos por parte das Familias








Continuamos co Apamadriñamento lector por parte do alumnado do centro e a nosa actividade por excelencia 

"Leme Profe"



Elaboramos un marcapáxinas en papel de sementes que levamos para casa para que cada un o poida plantar. 

Podedes enviar videos do resultado raparigos!!!!

Aquí podedes ver  como facelo.






Elaboramos un mural entre todo o alumnado


Xa podedes ver que unha semaniña cheiña de contos e moita pero que moita aventura!!!




Saída do alumnado de 5º-6º

 Este mércores o alumnado de 5º e 6º disfrutaron dun día na Coruña para visitar o Museo MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía) e aprender moito na exposición fotográfica MUNCYTx100.

De seguro que despois de indagar na nosa biblioteca sobre os avances tecnolóxicos... estiveron observando máis vivencialmente o aprendido no Museo.









TEATRO CARACOL

 Podedes comprobar que temos unha semana moi completiña.

Hoxe toca Convivencia no centro para despois asistir a obra Teatro caracol 

" Un mundo novo"

Disfrutamos dun picnic tod@s xunt@s no patio do cole e

despois dunha xornada chea de moita diversión disfrutamos da tan ansiada obra de teatro.




GRACIAS TEATRO CARACOL 
E FELIZ ANIVERSARIO por esos 30 ANOS1111



sábado, 15 de abril de 2023

CHARLA PREVENCIÓN DE DOR DE COSTAS

 Durante os días 24 de Marzo de 2023 e o 14 de Abril de 2023, os fisoterapeutas de Atención Primaria Jimenez Guerra e Guillermo Bilbao Ogando, acudiron ao noso cole para realizar unhas charlas informativas sobre  o Programa de Prevención de dor de costas en alumnos/as de Educación Primaria.

Nunha primeira sesión recibiron información sobre factores contribuintes máis salientables para a aparición de dor de costas así como as medidas a tomar para mellorar a saúde de columna vertebral.

Na segunda sesión xa ten máis contido práctico amosando propostas e pautas activas co fin de interrumpir o sedentarismo.







MOITÍSIMAS GRACIAS !!!

sábado, 1 de abril de 2023

Dálle que Dálle con Paola Guimeráns

 Este mes Paola Guimeráns estivo no noso cole para levar a cabo dous obradoiros, un sobre E-Textis e outro sobre programación computacional "SCRATCH", enmarcados no Proxecto Bibliotecas Creativas promovido pola Asesoria de  Bibliotecas Escolares.

Tiñamos moitas ganas de coñecer o seu traballo e a súa proposta de introducir o traballo coa electrònica, papel e textis así como adentrarnos no mundo do SCRATCH.

Uns obradoiros baseados na creatividade, a manipulaciòn e a experiencia nos que todos aprendemos e nos divertimos moito.

Foi unha experiencia fantástica!!! Quedamos con ganas de mais!!

E-TEXTIS



PROGRAMACION SCRATCH





GRACIAS PAOLA