xoves, 17 de marzo de 2022

Visitounos Ramón Veiga

 Este 17 de Marzo estivo na nosa biblioteca "Ramón Veiga".

Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade da Coruña, traballa desde o ano 1996 no eido da edición. 

Ten publicados para o público infantil Violeta quere ser vampiro. Un conto do Samaín (2017), É tempo de Entroido! (2018), A araña que lles tiña medo ás arañas (2019), Meigas fóra! (2020), Non pare a festa (2021), Miñoca e Coello (2021) e Miñoca e Pega (2022), todos eles no catálogo de Xerais. 

No ano 2020 publicou o conto en liña #EuQuedoNaCasa, que resume a situación que se viviu nos fogares onde hai nen@s durante os días de confinamento provocados pola COVID-19. Con Violeta Parapluie e outras historias de xente pouco corrente gañou o Premio Arume de Poesía para a Infancia 2021.

No ratiño que compartiu cos cativos /as faloulles dos seus libros, tales como 

Violeta quere ser Vampiro  


 Miñoca e Coello


(referentes bibliograficos que podedes atopar na nosa biblioteca)

Contoulles en que se inspiraba para escribilos e descubrimos que o nome de Violeta pertence ao da súa filla, a cal o inspira para escribilos.


Foi unha sesión moi interesante onde os cativos/as participaron activamente.

Mirade mirade o moito que disfrutaron!!!


Ademáis, os cativos/as de segundo fixeronlle unha entrevista na Radio Estrela que pronto poderemos escoitar. Non deixedes de estar atentos ao noso canle de Radio porque de seguro que a disfrutaredes e aprenderemos moitisimo.




mércores, 9 de marzo de 2022

SEMANA DA PRENSA

 ESTA SEMANA, OS CATIVOS/AS DE EDUCACIÓN INFANTIL TRABALLAMOS A SEMANA DA PRENSA DE FORMA MOI VIVENCIAL.

PRIMEIRO FIXEMOS UNHA INSTALACIÓN "PROVOCATIVA" PARA UN PRIMER CONTACTO COA PRENSA.

DESPOIS DE MANIPULAR, VIVENCIAR, DISFRUTAR E XOGAR DEIXANDO VOAR A NOSA IMAXINACIÓN....



FALAMOS DA PRENSA, DOS DISTINTOS NOMES QUE SE COMERCIALIZAN NA NOSA COMARCA, DAS SECCIÓNS QUE ATOPAMOS NELES, DO TRABALLO DO/A REPORTEIR@ E DO/A REDACTOR/A... DE ONDE OS PODEMOS MERCAR... E SOBRE TODO DO "PAPAGAIO" E DO "FARO DA ESCOLA" QUE OS TEMOS MOI PRESENTES NO NOSO CENTRO.





















martes, 8 de marzo de 2022

8-M Día Internacional da Muller

 Dende o noso cole tamén quixemos traballar o 8 de Marzo, Día internacional da Muller.

Traballando a grandes mulleres importantes na historia e dende logo nas nosas vidas.













                  e tí, como queres que te queiran?



Tamén vos deixamos unha selección de contos relacionados coa temática do 8M 
e que tamén estivemos traballando nas aulas.