mércores, 23 de decembro de 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS


Para que disfrutedes das tan merecidas vacacións sen deixar de disfrutar dos contos.... aquí vos deixamos unhas recomendacións


luns, 21 de decembro de 2020

ESTRENO DA NOSA RADIONOVELA: O CONTAXIO DE PAPÁ NOEL

 BOAS GAMBÓNS!!!

 DE SEGURO QUE DESEXANDO QUE CHEGUEN AS TAN ANSIADAS 

E MERECIDAS VACACIÓNS.

POIS BEN, PARA QUE PASEDES UN BO RATIÑO... AQUÍ VOS DEIXAMOS O NOSO TAN ANSIADO ESTRENO... RADIONOVELA ELABORADA POLOS NENOS/AS DE 3º E 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

O CONTAXIO DE PAPÁ NOEL 



QUE SÍ, QUE SÍ, QUE ESCOITADES BEN!!! NOS TAMPOUCO PODÍAMOS DAR CRÉDITO.

 ESTARÁ A SALVO O NADAL? CONSEGUIRÁN ELFLORA, ELFMANOLO E ELFREDO SALVAR O NADAL? SUPERARÁ PAPA NOEL O CONFINAMENTO?....

ESCOITADE E DISFRUTADE !!!!


Capítulo 1: O diagnóstico

Capítulo 2: Italia

Capítulo 3: Australia

Capítulo 4: EEUU


SE QUEREDES SABER MÁIS.... ESCOITA O RESTO DOS EPISODIOS NO SEGUINTE ENLACE

RADIO ESTRELA



A NOSA ORIXINAL FORMA DE DESEXARVOS UNHAS MOI FELICES FESTAS e CARTA AS SÚAS MAXESTADES OS REIS MAGOS DE ORIENTE

 BOAS NECORIÑAS!!!! COMO ESTADES?

Este ano esta a ser moi diferente pero igualmente abraiante.

Estades sendo uns auténticos heroes e o voso comportamento esta sendo de dez.

pois como este ano non podemos festexar o noso tan ansiado festival de nadal... non podíamos deixar de festexalo e aquí vos deixamos a nosa propia felicitación para desexarvos unhas 

BOAS FESTAS


Clica aQuí para ver o

A FELICITACIÓN TAN ORIXINAL DOS NENOS/AS DE 1º DE PRIMARIA


E AQUÍ A CARTA QUE FIXERON OS NENOS/AS DE 2º DE PRIMARIA PARA AS SÚAS MAXESTADES OS REIS MAGOS DE ORIENTE .
DE SEGURO QUE OS VOSOS DESEXOS 
SE FARÁN REALIDADE.

Clica aQuí para ver A CARTA AOS REIS MAGOS

con sentidiño e sen perder a ilusión

por ti, por nos... por tod@s!!!


xoves, 17 de decembro de 2020

DISFRUTANDO CON CHARO PITA


Hoxe tivemos a sorte de recibir a visita de Charo Pita.

Os nenos/as de Infantil estiveron disfrutando dunha sesión de contos .

 Mirade, mirade!!!



                       



Os mais maiores.... tiveron un obradoiro de teatro onde aprenderon técnicas de relaxación previas a calquer narración e disfrutaron de dúas obras de teatro onde os nenos/as eran os propios protagonistas.

















De seguro que poderán aplicar , nas súas propias creacións literarias, todos estes consellos e técnicas de forma moi significativa.



mércores, 16 de decembro de 2020

BUSCANDO INFORMACIÓN

 PERO MIRADE QUE MOITO TRABALLADES MEUS PEIXIÑ@S!!!

SEGUIMOS A RECIBIR MOITÍSIMA INFORMACIÓN DOS VOSOS TRABALLOS SOBRE CAMBADOS, PUNTO DE PARTIDA DA NOSA ECOPEREGRINAXE.








PARABÉNS A TOD@S 



xoves, 3 de decembro de 2020

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE


 “Nada en la vida debe ser temido, solamente comprendido. Ahora es el momento de comprender más, para temer menos.” 'Marie Curie

Partindo desta premisa.... os nenos/as de 5º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Enrique Barreiro quixeron amosar o seu traballo neste día.

CONCIENCIAR, SENSIBILIZAR e SOBRE TODO... VIVENCIAR.

BASE FUNDAMENTAL PARA COMPRENDER E APRENDER!!!








Parabéns rapaces!! De seguro que a vosa percepción sobre calquer discapacidade deu un xiro abismal ao poder vivenciala!!



luns, 16 de novembro de 2020

Dia internacional do Patrimonio Mundial

 Hoxe, 16 de Novembro é o día internacional do Patrimonio Mundial e non podíamos deixar pasar dita data xa que o noso concello está catalogado como  Ben de Interese Cultural.  


Dende infantil quixemos facer o noso creativo diseño dalgúns dos monumentos do noso  concello, 

aproveitando o proxecto "Ecoperegrinaxe polo noso patrimonio". 

Cada neno/a escolleu o monumento que mais lle gusta e .... mans a obra.

 Aquí algunhas das suas creacións!!!


COÑECER, VALORAR E PROTEXER!!!


venres, 13 de novembro de 2020

CONTOS NO CAMIÑO: Os monstros de Compostela

 

MONSTROS EN COMPOSTELA

Antes do Samaín Estrela deixouunha carta en Primeiro. 

Contábamos esta lenda sobre unha sombra misteriosa que se 

pode ver algunhas noites na praza da Quintana, en Santiago  

 de Compostela.


Pica na imaxe se queres ler a lenda.


Logo, na biblio de Estrela, a súa profe deu con este conto: 



E decidiron contarlle o que atoparon a Estrela. 

Aquí vos deixan unha mostra do seu traballo. 



                                   Pica na imaxe para ver o seu traballo.





martes, 10 de novembro de 2020

CENTENARIO DE RODARI

 

a das bibliotecas, Centenario de Rodari… e veña festa!

O día 23 de outubro os de primeiro celebramos o Centenario de Rodari, que mellor maneira de celebrar tamén o día das Bibliotecas Escolares, que se conmemoraba xusto ao día seguinte, o 24. 

Estrela deixounos na clase algúns contos de Rodari, escollemos este para ler:



E gustounos tanto unha canción de botar a sortes se pode ler nel que…

 






domingo, 8 de novembro de 2020

FESTEXAMOS O DÍA DAS ESCRITORAS

 Celebramos o día das Escritoras



Dende a Biblio de Estrela sumámonos á proposta pola Biblioteca Nacional de España en favor da reivindicación da labor e o legado das escritoras ao longo da historia. 

O pasado luns 19 de outubro, Día das Escritoras, na clase de primeiro recibiron unha entrega especial de Estrela.



Quixeron facer a súa propia homenaxe facendo o que elas e eles mellor saben, escribiron contos, felicitacións... aquí nos deixan unha mostra do seu traballo.


Tamén tiveron tempo para xogar á “Ruleta das Escritoras Galegas”.




martes, 3 de novembro de 2020

PARTE FINAL DO NOSO SAMAIN



 E aquí a parte final do noso Samaín!!!

Esperamos disfrutarades tanto coma nós!!!











Agora.... imos argallando a seguinte celebración!!!

e mentras argallamos.... 

non vos perdades a seguinte publicación porque.... 

o dia das Bibliotecas Escolares non se nos olvidou 

e gran merecido espacio tiña que ter

 na nosa seguinte publicación!!!




domingo, 1 de novembro de 2020

venres, 30 de outubro de 2020

 Como estades peixiños? De seguro que desexando disfrutar dun dos días mais terroríficos do ano.

Como sei que os meus axudantes traballaron moitísimo para que tiverades un Samaín cheo de diversión... aquí deixo un adianto das moitas sorpresas que vos esperan!!!



E como non podia ser doutra forma.... lograron outro selo na nosa andaina do Ecoperegrinaxe

 facendo uns contos e lendas....arrepiantes!!!! NORABOA PEIXIÑOS!!!

COMEZAMOS?






CONTINUARÁ!!!




sábado, 24 de outubro de 2020

SAMAIN 2020


 

Estrela e os seus axudantes están buscando o seu mellor disfraz 

para un dos días máis terroríficos do ano e así disfrutar 

dos moitísimos contos e lendas de medo que están a recibir!! 

Quedan poucos días para o gran estreno!!!

Estades preparados?

Bruxas, coruxas, sapos e morcegos... 

buscade as vosas mellores vestimentas 

porque nun escenario arrepiante.... un Samaín de medo vos agarda!!!

luns, 19 de outubro de 2020

ESTRELA RECIBE MOITA INFORMACIÓN SOBRE CAMBADOS E O CAMIÑO¡¡¡

 Estrela e os seus axudantes están moi inquedos porque están a recibir moita información sobre o noso Patrimonio e sobre as Rutas do Camiño de Santiago que pasan por Cambados.

Estiveron aprendendo moitísimo e contáronnos a lenda do Preguiceiro, vos a coñecedes? 

De seguro que se indagades tanto como estes cativos... 

atoparedes ao preguiceiro nalgún monumento de Cambados.

E que me decides das sinais que atoparon pola súa andaina estes nenos/as.... a que esperades ? 

De seguro que Estrela e os seus axudantes estarán esperando con moita ilusión os vosos traballiños.

Mentras esperan máis información.... deixan un adianto de todo o que recibiron¡¡¡









CATIVOS/AS.... TEDES O VOSO PRIMER SELO !!!
NORABOA!!!


xoves, 8 de outubro de 2020

BOLETÍN EXPRÉS!!!

 

¡¡¡NOVIDADES NO PATIO DE VILARIÑO!!!

O NOSO PATIO VAI  INCORPORANDO NOVOS MATERIAIS E XOGOS PARA QUE OS NOSOS CATIV@S DISFRUTEN DUN ESPACIO DE LECER E APRENDIZAXE NO MEDIO DA  NATUREZA.

ESTRELA O VAI DISFRUTAR MOITÍSIMO E TI?

MIRADE!!!







luns, 5 de outubro de 2020

COMEZAMOS!!! ECOPEREGRINAXE POLO NOSO PATRIMONIO

 

DE SEGURO QUE TRABALLANDO XUNTOS LOGRAREMOS ACADAR A COMPOSTELA.

O TRABALLO EN EQUIPO SERÁ  FUNDAMENTAL PARA LOGRALO.

RECORDADE ENVIAR OS RETOS A

bibliovilarinho@gmail.com

TEDES LIBERTADE ABSOLUTA PARA ADAPTAR CADA RETO 
ÁS VOSAS INQUEDANZAS E INTERESES.
 DE SEGURO QUE OS MEUS AXUDANTES QUEDARÁN ABRAIADOS CO VOSO TRABALLO!!! 










MOI PRONTO VOLTAREDES TER NOTICIAS NOSAS!!!


mércores, 29 de abril de 2020

Entrevista a Mariña

Bo día peixiños!
Como sabedes, o mes de abril sempre é moi especial no noso cole, e sobre todo na nosa bibioteca, porque facemos un montón de actividades relacionadas cos libros para celebrar o Día (e o mes) do Libro.

Con tal motivo, hoxe tráiovos unha entrevista que fixeron os nenos e nenas de Infantil este curso a unha persoa moi especial. Nin mais nin menos que a persoa que me trouxo ao mundo, que me creou, que me fixo realidade, que me imaxinou!! Ai, que emoción! Dádelle ao play e escoitade a fermosa historia de como nacín.

https://www.ivoox.com/50543158 

Bicos confinados!