luns, 7 de maio de 2018

E así foi a actividade "Leme, profe"

Ola zamburiñas!
Como xa sabedes, estas semanas despois do recreo xuntámonos en diferentes recunchos para gozar da lectura compartida.



Matilda, Manoliño Catrollos, Pippi Mediaslongas, a señorita Bubble, Amina, Balbino, Gloria e un bo feixe de personaxes dos nosos contos favoritos instaláronse unha tempada no cole e contáronnos a súa historia a través da voz das profes.






O último día da actividade, as profes contaron por parellas parellas o mesmo conto en inglés e en galego.

Que sorpresón! Xa estabamos acostumadas/os ao perfecto acento británico da Teacher e da profe Maira, ao deixe canadiano da profe Cruz e ao xenuino toque vilagarciano (ou sexa inglés, inglés) da profe Pilar, peeeeero as profes Chiky, Silvia e Raquel deixáronnos pampas co seu dominio da lingua de Virginia Woolf.





Que ben o pasamos!

Temos que repetir! 

Bicos literatos

ESTRELA

Ningún comentario:

Publicar un comentario