ACTO I
RIIIIIIIING RIIIIIIING
- Si? Diga?
- Ola, bos días. É aí a clase de segundo?
- Ah, non. Equivocouse vostede de número.
- Como? Peroperoperoooo, non son vostedes @s do Proxecto Comedor?
- Ah, si! Pero iso foi o ano pasado. Xa estamos en terceiro. Este curso tanto investigamos sobre o universo como sobre os hábitos de lectura no cole.
E encargámonos do composteiro.
Somos xente inqueda, non nos gusta encasillarnos.
Proximamente vai haber un encontro de moooooooit@s mestr@s en Compostela . Queríamos que viñeran a explicarlles o seu traballo. Seguro que lles dán moitas e moi boas ideas.
|
Cartaz das VIII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia |
- Que ben! Pois alí estaremos!!! Cando é?
- O vindeiro día 2 de decembro pola mañá.
- Pois conte con nós. Explicamos de marabilla.
- Xa o sabemos, por eso @s chamamos.
Acto II
- (…)
- Que boa noticia! E cando che dixo que tiñamos que ir?
- O dous de decembro.
- E eso en que día cae? Mira aí no calendario.
- Raios! É un sábado!
- Un sáaaabado?
- Lóstregos de Brest! Non pode ser!
- Eu non podo!! Teño o campionato do mundo de ximnasia!
- E eu unha reunión en Silicon Valley para amosarlles o meu último prototipo de superordenador!
- Eu non quero madrugar o sábado!
- Eu quero dar conta das novidades que collín na biblio!
- E agora que facemos, xa lles dixen que si!
- Hummm... Que non cunda pánico. Ocórreseme unha idea....
Sei de dúas ás que podemos liar. Seguro que non teñen nada mellor que facer un sábado pola mañá.
- Pero farano ben?
- Máis lles vale.
ACTO III
Temos que falar...
ACTO IV
|
As profes Bea e Silvia participando como ponentes nas VII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia |
- Buuuuufff. Por fin rematou, Silvia. Pasámolo ben, pero que peso quitamos de enriba. Canta responsabilidade!
- Rematou? Ti espera ao interrogatorio que nos agarda o luns na biblio.
- 😓