martes, 31 de xaneiro de 2017

Onde está Sergio?

Se queredes desvelar o misterio, lede o boletín expréssssss da biblio.



Proxecto comedor: comunicámonos co cáterin

O grupo de segundo pásanos esta nota para que sigades en vivo e en directo a súa investigación sobre o comedor.

COMUNICÁMONOS CO CÁTERIN
Queremos dicirvos que nos estamos comunicado co Cáterin Arelas.
Mandámoslles un correo electrónico co ordenador. Preguntámoslles se podiamos ir a visitalos. Contestáronnos que si e preguntáronnos cantos eramos na clase.
Agora estamos preparándonos para ir a mediados de febreiro.


Correo de ida

Correo de volta. Que riquiña, esta Sonia!


@s de segundo.

Proxecto comedor: Rolda de prensa d@s usuari@s do comedor no boletin de novas da biblio

Mentres estamos pechad@s día e noite montando o vídeo da rolda de prensa que deron @s usuari@s do comedor, deixámosvos un adianto publicado no noso boletín.

luns, 30 de xaneiro de 2017

Formación de usuari@s: Facer un comentario no blog

Este curso estamos facendo un montón de publicacións no blog da biblioteca,que o tiñamos moi abandonado.

Pensamos que é importante que toda a comunidade do cole de Vilariño estea informada sobre as cousas que aquí acontecen.

Pero tamén queremos saber a vosa opinión: se as cousas que ledes vos gustan, se queredes facer algunha suxerencia, algunha crítica, algún eloxio....

Botamos en falta que participedes máis, familias.

Comprobamos que as visitas ao blog cóntanse por centos, pero os comentarios.... onde están os comentarios?

Ás probas nos remitimos: moitas visitas, moi poucos comentarios.....

E pensamos.... será que non explicamos que se pode comentar e como facelo???
Pois nada, eso ten doada solución:
Velaivai o titorial:






mércores, 18 de xaneiro de 2017

Vinde ver a vista!

As chicas do cole de Covas están investigando sobre os sentidos e elaboraron un fermosísimo e moi interesante mural sobre a vista.
Agora tendes a oportunidade de disfrutalo, porque está exposto na entrada da biblio.
Vinde, vinde ver a vista!






venres, 13 de xaneiro de 2017

Proxecto Comedor: Entrevista a Sergio. O vídeo

Que cousas máis divertidas atopa unha investigando. Sabedes que o cole non é o único que ten 35 anos? 
A ver se adiviñades quen máis....



E diredes vós, e que terá que ver esto co comedor, que é o tema do que vai a entrada, que xa o di o título ben clariño?!

Pois veredes, listiñ@s: Silvia é a profe do grupo que investiga sobre o comedor e Alberto o profe usuario máis asíduo. 

35 anos. Guau! Todo o universo está conectado. ;)

Total, que xa temos o vídeo da entrevista de Sergio (estou pensando que como el tamén teña 35 xa sería a bomba).

Gozádeo



Trinta e cinco bicos

ESTRELA

xoves, 12 de xaneiro de 2017

Proxecto comedor: entrevista a Sergio no boletín de novas da biblio de Estrela

Como o proxecto do comedor está sendo seguido polos medios de comunicación dos 35 países de América (pois si, que casualidade non? O continente americano está composto de punta a rabo por 35 países), pois decidimos que a biblio de Estrela non podía ser menos e tiña que contar co seu propio boletín de novas. 
Rapidamente montamos unha redacción, nomeamos a Sara reporteira enviada especial para todo o planeta e os seus arredores e sacamos o primeiro número.

Queredes velo?
Pois aquí o tendes


Bicos xornalísticos
ESTRELA

Nós tamén somos históric@s!

Como xa saben ata no no recuncho do planeta 35º S 35º W, o PROXECTO 35 segue vento en popa.

(se queres saber de que vai esta andrómena, pincha aquíaquí ou aquí, para empezar).

Todo o cole está atarefado de acó para acolá, investigando e facendo actividades.
O alumnado de 6º, por exemplo anda detrás da pista de anécdotas divertidas, curiosas, abraiantes ou arrepiantes que foron escribindo a historia do Enrique Barreiro Piñeiro, cole de Vilariño para @s amig@s.

E nesas estaban entre entrevistas a vellas glorias e pó acumulado de antigos documentos, cando alguén berrou: "e nós, que? Acaso non temos nada que contar?" e alguén respostou: "pois anda,  claro. Nós tamén somos históric@s!"

E pararon un momento a súa frenética actividade para relaxarse e poñerse a lembrar anacos da recentísima historia do cole, que tamén conta.

Aquí van:

Cando eu era pequena, un día en primeiro, no magosto, eu tiña medo dun boneco que sempre queimabamos e deixáronme entrar no ximnasio e estiven a xogar coas pelotas mentres os demais estaban fora mirando ao boneco.

Un día que estaba en segundo e que non había que ir ao cole pero eu fun, eu mais os meus compañeiros que tamén foron puxémonos a xogar co ordenador da profe Carmela.

Cando era pequena acórdome que eu máis as miñas amiga case sempre quedabamos nunha pedra moi grande a merendar.

Lémbrome que fai un ano aos meus compañeiros e mais a min nos encantaba xogar nas ramplas do patio.
Nuria Borrageiros Martínez

Cando eu era pequeno e ía ao colexio en parvuliños dicíame a profe que si pasaba do patio dos pequenos que me comía un dragón”.

Eu recordo que o outro día deixeille o balón a Miguel na árbore”

Eu recordo que unha vez levei mochila dun compañeiro, dinme conta ao día seguinte porque tiñamos a mochila igual”
Borja


Cando chegamos a primeiro, a profe Carmela tiña un pau e pensabamos que era para darnos con el pero resulta que era para sinalar.

Cando estabamos en parvuliños Noel e eu tirabamos o balón fora do patio para saír do recinto e que nos dera o soliño.

Unha vez deixei o balón encima da pista cuberta. Por sorte o balón caeu e non pasou nada.
Víctor Rey Ortega 

Acórdome dun día, cando estaba xogando ao fútbol con Gabriel, que entrou un can, e cada vez que eu lla pasaba a Gabriel, o can ía detrás do balón, e ao final un profesor mandou o can fora.

Acórdome dun día, que estaba en ximnasia xogando ao pilla pilla, e pillaba Helena, e cando me ía pillar fun para o lado contrario o que ía e esguincei o nocello.

Acórdome dun día no Entroido, o profesor Rico disfrazouse de muller e nos rimos moito.
Adrián Santorun

Cando era pequena, no patio de infantil, onde hai un tobogán, antes non o había. Porque onde está a tela de araña ao lado había un tobogán de madeira, que rompeu dúas veces, entón a segunda vez que rompeu quitárono e fixeron un novo tobogán, que aínda se conserva.

Cando eu estaba en 8º recordo que para a excursión de fin de curso, na 1ª festa do labrego, tiñamos un posto de bocadillos para recadar cartos, de ai sacamos o diñeiro”.

Díxome meu tío (que é albanel), que el fixo a pista descuberta e todo o que está feito de cemento no patio (como o camiño por onde andan os nen@s, as escaleiras...).
Sandra, alumna de 6º

Cando eu era pequeno recordo que un día tireille ao meu amigo areas aos ollos e tivo que ir ao oculista.

Cando eu era pequeno recordo que un día funme ao patio dos maiores, e cando me pillaron castigáronme unha semana sen recreo
Manuel Charlín

Cando eu era pequeno levantaba unha tapa que había no patio sen que ninguén me mirara e xogaba cunha rá.

Cando eu era pequeno, xogaba nun tobogán, que agora xa non esta porque quitárono. Un día eu estaba xogando ao pilla-pilla, subín polo tobogán e un neno agarroume dun colgante que tiña e empezoume a afogar. Menos mal que despois o colgante rompeu.
Gabriel Martínez 

Eu cando subín para primeiro, o primeiro que fixen foi mirar o patio e encontrei unha rá e deume pena e solteina para a finca do lado.

O último día de colexio, cando eu estaba en terceiro, fixemos unha festa e eu e uns compañeiro xogamos a unha guerra de cabalos, que consiste en que uns suben enriba doutros e comezan a pelexar de mentira.
Pablo Casal

Cando eu era pequena recordo que un día manchei unha pedra de sangue por caer coa perna contra ela. Agora á pedra secoulle toda a sangue e está escura.

Cando eu era pequena recordo que un día quedoume o pé debaixo dun neno. O pé estaba nunha mala postura. O irmán de Nerea levoume en brazos xunto a un profesor. Por pouco torcía o pé.

Cando eu era pequena recordo que un día estaba tirando da corda cunha nena cando un neno colleu unha goma e tirou da corda quitándoma das mans. Eu caín a o chan e a miña boneca chocou contra o cemento. Quedoume un moratón negro enorme.
Elena

O primeiro día de clase, a nosa profesora en 1º (a profe Carmela) tiña un pau para sinalar, e nós pensabamos que era para pegar, e ata que nos dixo que era para sinalar, ninguén falaba por medo.

En 2º, cun rapaz que se chama Xosé Manuel, estabamos facendo un ditado e a profe dicíalle a Xosé como se dicían as palabras, e nós copiabamos .Gustoume porque repetía as palabras en alto para sabelas entón era fácil copialas.

Un día Manuel tiroume unha zapatilla ó retrete e ninguén ó sabia quen fora e todos os rapaces menos eu quedaron castigados 3 días.
Noel Chaves Peón 


Cando cheguei ao cole, criame Deus, pero vin que todo o mundo seguía a Alba e dixen: “Debería ter quedado en Segovia”. Pero agora xa non quero ser a que manda.

Cando cheguei ao cole non tiña ningún amigo, por que era moi rara, ou iso dicían, a miña única amiga era Irene, que me fixo cambiar, pero pouco.
Eva 


Eu recordo que no curso 2016 – 2017 torcín un pé. Sandra acompañoume a xunta a mestra Bea. Cando subiron todos andábanme a preguntar que me pasara. Eu só llo dixen a un neno e a unha nena. Despois díxenlle que llo dixeran aos demais.

Eu recordo que cando eu cheguei a este colexio a miña mestra era Carmela. Cando aprendín a facer a letra S facíao ao revés.
Nerea Álvarez Núñez 

Recordo que cando estaba en infantil unha antiga mestra chamada Alba traía mel, limón, laranxa...para que a probáramos e todos probaban a mel menos eu, porque non me gustaba a mel. Era moi divertido.

Recordo que cando estaba en 2º, un neno chamado José Manuel, cando estábamos no recreo caeulle toda a auga polo chan da clase, e a mestra tocáballe garda no patio e cando tocou o timbre e subiu a mestra botoulle a bronca.

Recordo que cando estaba en 1º de infantil a mestra dicíame algo e eu non lle contestaba, porque tiña moita vergoña. E coas miñas compañeiras sí que falaba. E un día a mestra chamou a miña nai e a miña nai dixo que na casa falaba moito. E pouco a pouco fun falando máis.
Irene Abal

Eu recordo que un día andei en cars no cole e trouxen a miña bici de derrapes.

Eu recordo que un día levei un bulto na cabeza para a casa porque batín cotra o chan da pista descuberta .

Eu recordo que un día no Xogade metín unha canasta no partido.
                                                                                  Adrián Suárez


Cando estaba en terceiro un neno empuxoume e caín enriba dunha roca e rompín o cóbado.

Cando estaba na de Chuli (no colexio da Modia) estaba eu mais unha nena e caímos de cabeza ao chan e tivéronos que poñer xeo na cabeza.
Uxía Ameneiro

Cando estaba en 3º acórdome que un señor traía pombas porque era o día da paz , e os de 6º soltábanas. A min encantábame velas, e agora que estou en 6º non se fai, jojojo.
Ainhoa Mosteiro

Unha vez caín no patio e doeume moito.

Unha vez corrín polos pasillos.
Hugo López


E vós, queredes compartir as vosas anécdotas? Pois as liñas están abertas! Comentade aquí abaixo!

Bicos anecdóticos

ESTRELA


mércores, 11 de xaneiro de 2017

Antolín

Como o coello de Alicia no País das Marabillas, tarde, chego moi tarde!


Non ves? Non ves? Se son xa máis das tres! Marcho que teño que marchar!

Hai tempo que esta entrada tiña que estar feita pero no meu descargo direi que, como é tan especial (e, según veredes, tamén tan traballosa), había que facela con xeito e agarimo, que ben o merece o seu protagonista.


Pasaron xa varias semanas dende que publicamos unha foto no blog. Fermosa e misteriosa. Recolle parte da nosa historia: da escola, da parroquia... da que apenas coñeciamos nada.



A famosa foto que xa deu varias voltas ao mundo mundial.

Queriamos saber moitas cousas: onde se tirou e en que data, por que non hai mulleres nela, quen era ese home que parece un xigante, quen eses nenos e mozos, como era o seu día a día e que foi de todos eles.

E algún dato foi chegando, algunha cousiña.

Ata que apareceu el. Timidamente. Acompañado por Pili porque disque non se atrevía moito a falar... Pois mimadriña! Menos mal.



Antolín e Pili. Eu ao fondo non perdo detalle.

Antolín veu e deixonounos a todas abraiadas, profes, nen@s e peixe. Coa súa simpatía, co seu agarimo pero sobre todo.... coa súa memoria.


Descubrimos que el foi un dos protagonistas da foto, na que tamén aparece o seu mestre: Enrique Barreiro Piñeiro (de que me soa ese nome?).

Datouna: foi tirada en 1957. Hai case 60 anos!!!. 
Falounos da antiga escola de Sameiro, diante da que se colocaron para a instantánea. 
Contounos como eran as cousas daquela, o tempo da súa nenez.

Tróuxonos unha antiga Enciclopedia Álvarez. O seu único libro de texto. Tamén nos amosou un manual de matemáticas, máis vello aínda, empregado pola súa nai a principios do século XX.


Hummm. En canto se despiste, collo o libro e fíchoo para a nosa biblioteca. 51. Matemáticas


Libro de mates darredor do 1910, a Enciclopedia Álvarez dos anos 50 e Antolín na actualidadade con Mateo Padín, alumno de 5º. 
Ao fondo, proxectada gracias ás últimas tecnoloxías, a antiga foto. 
E todo esto ocorría na nosa biblioteca. 
A historia da educación do último século e pico retratada nun pispás.

O equipo de reporteir@s investigador@s sobre a historia do cole, o alumnado de 3º, 4º e 6º lanzoulle a súa batería de preguntas.

O grupo de 2º, organizador do encontro, interrogouno sen tregua. 
El respondeu a todo cun sorriso e custounos despedilo e rematar o acto.


@s reporteir@s maiores tomando nota de todo.


@s pequerreporteiros dálle que dálle.


Antolín explicando non me acordo que.. sería a longura da vara que empregaba don Enrique...?


Despois das preguntas e das anécdotas foi cando Antolín nos deixou de veras coa boca aberta.

Un por un foi nomeando a todos os fotografados. Algúns con nomes e apelidos, a outros, polo alcume. Dalgúns aínda nos deu algún dato máis. Nalgúns dubidou (ou sexa que hai que repasar por se a súa memoria non é tan infalible, hahaha).



Antolín dándolle a lección á profe Bea. Pili ao seu lado alucinando a colorines. Ela tamén gozou de historias que descoñecía. 


Antes de despedirnos tiramos unha nova foto que fará historia: Antolín con nós na biblio.
Cando xa marchaba pediunos un desexo: reunir de novo aos seus compañeiros e poder repetir a experiencia 60 anos despois.
E abofé que faremos todo o posible por cumplirllo!!



Unha das fotos de grupo. 
Decatádesvos de que temos representadas a tres xeracións de estudantes de Vilariño? 
Mirade: Mateo Paz; súa nai, Pili (que foi unha das alumnas que inagurou o actual cole) e seu avó Ángel na foto do fondo. Que pasaaaaaaaada.



Bicos agradecidos.



ESTRELA

E velaiquí vai o listado:





1.- Enrique Barreiro Piñeiro.

2.- Alberto Portas (avó de Adrián de 4º,Sara 2º e Laura de infantil).
4.- Juan Rodríguez Feijóo.
5.- Chicho Baúlo, "Patoira".
6.- José o de Rebusta.
7.- Ramiro Fuentes Cores.
8.- Ramón.
9.- Antolín do "Xián".(tiña 10 anos).
10.- Leandro
11.- Alberto Torres (tío avó de Alba 6º).
12.- José  Costa Varela.
13.- Manuel Peiteado
14.- José Saborido.
15.- Emilio Oubiña-
16.- Bernardo Núñez
17.- Constante Feijóo
18.- Benito.
19.- Manolo Feijóo, o do "Sr. Juan".
20.- Adolfo Núñez Fuentes.
21.- José Feijóo
22.- Pepe "o Bicho".
23.- Manuel Piñeiro.
24.- José Oubiña "o Rato" (era o que puña os motes)
25.- Alberto Núñez.
26.- Benito Acha Cores "o Chimpún".
28.- Hipólito.
29.- Ángel Baúlo (avo de Mateo Padín).
30.- Luís Martínez
31.- José Padín.
32.- Emilio.
33.- Paco Otero
34.- Moncho "Clariño".
35.- Moncho Costa Varela
37.- José Pérez Portas.
38.- Alberto Fuentes.
39.- Alberto Martínez Pazos.
40.- Moncho Aragunde "o Enterrador".
41.- José Luis Acha Cores.
42.- Emilio Costa Varela.
43.- Jaime Costa Varela "Jalico".

44.- José Pazos Chaves, irmán do cura José
45.- José?? Oubiña
46.- Eduardo "jalico".
47.- "Un de dena, traballador de Otero".
48.- Ramiro Oubiña Cores " o Rato".
49.- Moncho Miranda.
50.- Quico Pataqueiro.
51.- Moncho Padín Prego
53.- Pepe Padín Prego.