venres, 28 de outubro de 2016

Atreveraste...



… a baixar as escaleiras… achegarte ao expositor… fitar longamente cada libro de 

medo… aguantar a respiración… estirar o brazo ata rozar o libro desexado coa punta dos

 dedos… ?

Atreveraste a ler os microrrelatos de medo dos teus compañeiros e compañeiras...?


A escolma de lecturas da festa do Samaín e Halloween está lista.

E ti?

xoves, 27 de outubro de 2016

O XUVEN VEN AO COLEXIO DE VILARIÑO




Os nenos e nenas do C.E.I.P. Enrique Barreiro Piñeiro atópanse na súa biblioteca cos xogadores do equipo de baloncesto de Cambados.

Os xogadores e o corpo técnico do equipo de baloncesto viñeron o xoves 20 de outubro do 2016 ao noso colexio. Tras unha longa entrevista na nosa biblioteca, con preguntas e respostas en moitos idiomas; nos firmaron autógrafos, fotos con eles, e nos regalaron entradas para ir velos o sábado 22 no Pavillón de deportes de O Pombal.

Desexámosvos dende o cole boa sorte na liga.


 Presentación do equipo

Un momento da entrevista do alumnado de sexto

Pode acender o proxector sen mando a distancia!, está calculando Miguel

luns, 24 de outubro de 2016

Día mundial das bibliotecas


Hoxe é o día mundial das bibliotecas.

Que mellor maneira de celebralo que baixar as escaleiras, dar un bonito paseo 

entre os andeis, escoller aquel libro que nos encha o ollo, sentarnos a gozalo

ou levalo para a casa.

Temos dúas escolmas preparadas para vós: 

  • libros do samaín (medo e máis medo).
  • libros que nos falan de libros, de lectura e de bibliotecas.


Animádevos!!!

Bicos bibliotecarios
ESTRELA

venres, 21 de outubro de 2016

Non hai canciños malos...

Dúas cousas que nos encantan: libros e cans.


clica aquí para ver o vídeo

River Bearde é un neno de dous anos.

Seu pai e  súa nai rescataron varios cans abandonados, pero tiveron problemas coa veciñanza. Os peludos eran dunha raza considerada perigosa e que estaba prohibida na comunidade.

Un día á hora da sesta, River leulles un conto aos seus bichiños ata que quedaron durmidos.

A súa nai gravou o momento e compartíuno na rede. Nos seguintes días, o vídeo foi visionado milleiros de veces.

Afortunadamente, a comunidade de veciñ@s reconsiderou a súa postura despois de velo e aceptou aos cans.

E é que… nunca deixarán de abraiarnos os poderes máxicos da lectura!!!

bicos caninos
ESTRELA

Xa chega o Samaíiiiiinnnn


E con el, unha nova carta


Coma todos os anos, organizaremos actividades arrepiantemente divertidas.

Aquí as tendes


A pasalo de medo!

martes, 11 de outubro de 2016

Empezamos coas actividades 35



Estimadas familias:
Somos os nenos e nenas de 1º e 2º.
Este ano, para celebrar o 35 aniversario do noso colexio, imos facer unha exposición de fotos.
Gustaríanos que nos axudarades a conseguir fotos.
Como podedes axudarnos?
·         Preguntando na casa se teñen fotos e nolas poden prestar
·         As fotos teñen que vir co nome da persoa que nolas prestou, o día e o ano no que se fixo eu unha pequena explicación
·         Entregaranse nas clases de 1º e 2º
·         Imos ter moito coidado con elas e devolvermémolas cando acabemos o evento
Agradecemos a vosa colaboración.


As/os organizadoras/es

35

Ola, querid@s.

Aquí tendes unha nova carta.. 




mércores, 5 de outubro de 2016

Celebración do Día Mundial dos Animais


Cambados quere aos animais


Onte pola mañá os nenos e nenas de 5º e 6º dos colexios de San Tomé, Magariños e Vilariño foron ao Concello de Cambados para celebrar o día mundial dos animais, e para concienciar á xente de que non maltraten aos animais.
Tamén os nenos e nenas acariciaron e xogaron con algúns dos cans e cun dos gatos do Refuxio, como por exemplo Nor, que vai en silla de rodas, ou Drako, Nusca, Ani, Clara e Vali.
Despois, Olga, a xefa do Refuxio de Animais de Cambados, doulles unha charla sobre o maltrato animal, e ensinoulles un vídeo chamado “Bestias”, que fala dos homes e mulleres que maltratan aos animais.
Tamén os nenos dos distintos colexios dixeron unhas palabras para concienciar á xente.
Ao final deron uns lazos de cor laranxa porque esa cor representa o maltrato animal.
Aquí vos deixamos o manifesto que leron Mateo e Andrea de 5º:
                                        "DESEXOS!"
Ola a todas e todos!
Estamos aquí representando aos nosos compañeiros do colexio de Vilariño. Todas as nenas e todos os nenos que estamos aquí, e os que non puideron vir, queremos celebrar o Día Mundial dos animais, manifestando o noso rexeite ao maltrato animal.

Queremos dende Vilariño mostrar este rexeite a través da palabra NON:
 
-Non aos circos con animais.
NON ao abandono e maltrato de animais.
-NON ás corridas de touros.
NON ás cazas e ás matanzas en safaris.
NON ás festas tradicionais nas que se maltratan animais.
NON aos enterramentos de animais vivos.
NON aos experimentos con animais.
NON ao comercio con animais.

Pero non nos queremos quedar coa palabra NON, senón que queremos dar propostas a favor dos animais e do seu coidado a través da palabra DESEXO :
DESEXAMOS donacións e axudas aos refuxios.
DESEXAMOS respecto para todos os animais.
DESEXAMOS o coidado dos seus hábitats naturais.
DESEXAMOS a adopción de animais.
DESEXAMOS a liberdade dos animais salvaxes.
DESEXAMOS o bo coidado dos animais: limpeza, alimentación, saúde, seguridade, educación,...

Non nos olvidemos que todos somos seres vivos! Os animais, ao igual que nós, tamén necesitan afecto, cariño, amizade, compañía, diversión, alegría, amor...
E sobre todo, necesitan ter DESEXOS!
Asinado:

Os nenos e nenas de 5º curso do CEIP Enrique Barreiro Piñeiro, Vilariño.

clica na imaxe para ver o vídeo
 
 

luns, 3 de outubro de 2016

ESTREAMOS COMEDOR NO COLE DE VILARIÑO

Hai un novo comedor no cole de Vilariño. Está nunha aula que reformaron: puxeron teitos novos, luces, electrodomésticos…

No comedor hai normas: non xogar coa comida, non facer ruído e comer sentados.

A comida está moi rica. O menú de cada día ten dous pratos e un sobremesa e se che gusta podes repetir.

O cátering fai a comida en Gondomar e transpórtana metida en caixas de plástico.

O monitor Sergio sirve a comida en pratos de louza.

Hai que asearse antes e despois de comer: primeiro lavarse as mans e logo os dentes.

Cando rematamos de comer xogamos, facemos as tarefas do cole, lemos e se temos algunha actividade baixamos a facela.

 O comedor recollido

As normas do comedor

Caixas onde transportan a comida

O menú do mes

Mmmmm. Que bo está todo


(Crónica do alumnado de 2º de primaria)