Como xa rematamos de arrombar a sección de lector@s noviñ@s e estamos enganchad@s ao traballo, puxémonos mans á obra cos libros de información.
Estamos a reorganizalos para poñer xuntos os de cada tema e identificalos cun debuxiño para que nos sexa moito máis sinxelo atopalos e voltalos a poñer logo no seu sitio.
A clase enteiriña de 4º e axudantes doutros cursos nun plisplás remataron a faena.
Agora empezaremos a poñerlles as novas etiquetas.
Vinde a velas á biblio! (e a coller algún libro....)
 |
| Mimadriña canto libro! |
 |
E eu por onde empezo?
|
 |
| Que ben nos está quedando, Adri! |
 |
| Todo ben arrombadiño |
 |
| Cada libro no seu sitio |
 |
| As Andreas comprobando que todo está en orde |
 |
| Que non queda sitio nas estanterías?, pois ordenámolos nas mesas, no problem! |