Milagrosamente (tal e como están as cousas), chegounos novo mobiliario para a biblioteca.
Aproveitamos tal acontecemento para reorganizala: crear novos espazos, recolocar os fondos.... un traballiño!
Total, que para facer todas estas cousas o máis rápido e mellor posible, lancei un berro de axuda:
E como non podía ser doutro xeito, á reunión asistiron moreas de rapazas e rapaces, tantos que tivemos que facer quendas de traballo cada recreo!
Vouvos ensinar algunhas fotos para que vexades como curran!
Bieito recortando etiquetas (que guapo, eh?) |
Cris, Ana e Lorena colocándoas nos libros |
Ummm, onde estás Pacoooooo? |
Lorena concentrada no traballo |
Cris corta que te corta cinta de pegar |
Reorganizando a zona de lector@s noviños |
Ti coloca os de Demademora, eu os de Tras os montes.... |
Marchando...! |
Moitas grazas, rapazada, por estar aí cada recreo!!!
Na parte superior do blog, atoparedes un enlace para vós, axudantes.
Alí poderedes ver o calendario de quendas, traballos pendentes, e toda a información que vos interesa.
Ademais, colgarei fotos para que vexades que fermos@s estades cando traballades en equipo.
Estrela