xoves, 26 de outubro de 2017

A busca do tesouro

Bos días a tod@s!

O outro día, dando un paseo polo cole, escoitei un barullo tremendo. Como eu son de natureza un pouco cotilla, asomei o fuciño para cheirar a ver que estaba pasando, e atopei aos nenos e nenas de terceiro correndo dun lado para outro, buscando pistas, e pregunteilles que estaba pasando. Pero como seguro que eles explícanse moito mellor ca min, aí vai o seu relato do que aconteceu na súa clase:

A BUSCA DO COMPOSTEIRO (por Adriana Bahamonde)

"Diego, Sara, Gabriel e mais eu eramos o equipo amarelo, e a profe dounos un sobre de cor amarelo e tiñamos que resolver algo: era un sobre que dentro tiña un papel no que había números que ao lado tiñan letras. Mais arriba había números e debaixo tiñamos que poñer as letras segundo os números. Descubrimos que poñía "ir ao hall", buscamos e buscamos pero ao final fomos os últimos en atopar a seguinte pista. A profe díxonos por que zona estaba e Gabriel atopouno detrás do radiador. Chegamos a clase e era un puzzle bastante difícil. Cando todos sabiamos onde ir a nós tocounos ir arriba, e Sara atopou a seguinte pista debaixo das froitas. Dixo que esa pista estivera chupada! Chegamos de novo á clase e tiñamos que ordear unhas palabras. Ao final era algo sobre a aula pequena da biblioteca. Fomos alí e cada equipo atopou dúas pezas do composteiro. Ao final gañamos todos, pero o equipo que foi máis rápido en todas as probas foi o de Ángela. Nós fomos os últimos en coller as pezas do composteiro. Pasámolo xenial!"

E para que vexades o ben que o pasaron aí vos vai un pequeno resumo desta grande aventura. Dixéronme que aínda non acaba aí a cousa, así que esperemos que nos sigan informando.

venres, 20 de outubro de 2017

Estreamos a nova aula de matemáticas

No cole de Vilariño inauguramos un aula especial: con supermercado, caixa rexistradora,  moedas, básculas, regletas, cintas métricas e moitas cousas máis.

O CEIP Plurilingüe Enrique Barreiro Piñeiro está de estrea. Hoxe inauguramos a nova aula de matemáticas.
A semana pasada celebrouse unha votación na que participaron os nenos, as nenas e as mestras do colexio. O obxectivo desta votación era a elección do nome. Todas as aulas propuxeron un nome e durante unha xornada enteira se foi  votar. Foi unha xornada de votacións reais: urna, vogais, censo electoral, responsables de informar das normas electorais e ata actas do escrutinio. O nome gañador foi “.........”.

Hoxe inaugurámola. Todas as aulas, ao longo da mañá pasaron por ela, para facer actividades matemáticas moi divertidas.

A mestra Marián, unha das coordinadoras, descubriunos algunhas das características desta aula, “funcionará como un centro de recursos manipulativos para facer das matemáticas algo divertido”.
Tamén falounos do funcionamento “todos os cursos terán dúas horas semanais”, na que  estarán con dúas mestras ao mesmo tempo;  Marián insiste que traballarán en grupos con diferentes actividades, e sempre dende a manipulación.
Os nenos e nenas do colexio estamos desexando comezar a traballar nesta aula.

                                                                                      Cristian e Ainhoa.

mércores, 4 de outubro de 2017

Día mundial dos animais

Ola gradiseliñas!
Sabedes que día é hoxe, a que si?
Co que nos amades, non se vos puido escapar que o 4 do outubro é o
DÍA MUNDIAL DOS ANIMAIS.
Os animais e @s humanas compartimos o planeta pero… ás veces non nolo poñedes moi doado.
Multitude de especies salvaxes están en perigo de extinción ou se extinguiron xa.
Que quere dicir iso? Que apenas quedan exemplares. Ou que xa non queda ningún.
A acción humana (contaminación, deforestación…) rematará destruíndo o noso planeta… a non ser que comprendades que o resto dos seres vivos precisan do voso respecto e o voso coidado…  e cambiedes de actitude!!!.
E que pasa cos animais domésticos? Proporcionádeslle unha vida digna? Coidádelos e atendedes as súas necesidades?
A meirande parte d@s humanos deste cole convivides con animais… reflexionastes algunha vez sobre este asunto?
Levádelos @ veterinari@, desparasitádelos, aseádelos?
Dádeslle un lugar limpo e cómodo onde descansar?
Éncheme o corazón de tristura ver a tanto can e cadela amarrados a unha cadea de por vida. Pregúntome: para que a xente ten mascota se non a sabe coidar?
Menos mal que hai outras moitas persoas amantes dos animais! Coma vós!
E para celebrar este día como merece, prepareivos unha sorpresa.
Xa está lista unha escolma de libros nos que o bicherío somos os protagonistas!

Vinde, vinde!!! Leonardo, Rantamplán, Ideáfix, Bogar, Buligán, Chamizo, Máquina, Aydin e moitos máis están agardando por vós!

Animaladas de bicos….
ESTRELA