Despois dun loooongo descanso, volven os boletíns de novas express da biblio de Estrela.
Nesta ocasión as/os nosas/os reporteiras/os investigan a pé de invernadoiro.
Non deixedes de ler esta interesante noticia pinchando na imaxe.
martes, 18 de decembro de 2018
Festa científica na biblio de Estrela
Este ano celebramos o mes da ciencia en galego a base de ben.
Montamos o noso recuncho científico na biblio (que tivemos que desmontar a toda presa polas obras, pero esa é outra historia que xa contaremos), investigamos sobre as científicas galegas... pero sobre todo adicámonos en corpo e sabiduría a facer experimentos.
Que se método científico, que se hipótese, que se variable, que se Galileo...
Total, que rematamos con todas as existencias de vinagre e bicarbonato da comarca.
Gravamos multitude de vídeos experimentando que colgaremos no blog nada máis sexa posible e...
como remate deste longo mes que xa se convertíu en dous....
IMOS CELEBRAR UNHA FESTA CIENTÍFICA NA BIBLIO.
Prepara o teu experimento favorito, vístete para a ocasión e compárteo con todas as/os compis do cole.
Vai ser un acontecemento mundial!!!
Vémonos o día 21 na biblio.
Que emoción!!!
Bicos experimentais
ESTRELA
sábado, 15 de decembro de 2018
Programando colegas
Ola rapantiñ@s.
Como xa sabedes, na área de Educación Física estivemos coa linguaxe de programación ás voltas.
Como sempre dicimos, a parte do corpo que máis temos que usar nesta área é o cerebro e abofé que estas sesións serviron para poñelo ben cachas!!!
Para facer máis doados os procesos de entender, interpretar e transmitir as mensaxes deste novo código robótico que mellor que vivencialo primeiro no noso propio corpo!
Aproveitamos os cadros do maltreito chan do noso ximnasio e o material de Educación Física para deseñar circuitos e logo trazar roteiros cumplindo as consignas dadas.
Ao primeiro custounos un pouco, pero a correr collémoslle o xeito.
Ata programamos ás nosas/os colegas-robot para facer un feixe de accións novas!
Aquí deixo un vídeo resume destes días.
Agardo que vos guste.
Bicos programados
Como xa sabedes, na área de Educación Física estivemos coa linguaxe de programación ás voltas.
Como sempre dicimos, a parte do corpo que máis temos que usar nesta área é o cerebro e abofé que estas sesións serviron para poñelo ben cachas!!!
Para facer máis doados os procesos de entender, interpretar e transmitir as mensaxes deste novo código robótico que mellor que vivencialo primeiro no noso propio corpo!
Aproveitamos os cadros do maltreito chan do noso ximnasio e o material de Educación Física para deseñar circuitos e logo trazar roteiros cumplindo as consignas dadas.
Ao primeiro custounos un pouco, pero a correr collémoslle o xeito.
Ata programamos ás nosas/os colegas-robot para facer un feixe de accións novas!
Aquí deixo un vídeo resume destes días.
Agardo que vos guste.
Bicos programados
ESTRELA
venres, 14 de decembro de 2018
Bibliotecari@s con chip. Xogando cos escornabots na biblio.
Ola, choquiñ@s.
Seguimos ás voltas cos nosos escornabotiños.
Pensamos que sería unha idea estupenda ensinarlles toda esa leria da CDU e a organización da biblio.
Como son tan listos, seguro que o pillan á primeira e axiña poderán facerse cargo da tarefa de colocar cada cousa no seu sitio!
Aquí déixovos un vídeo da actividade desenvolvida co alumnado de 4º coa axuda inestimable das/os axundantes de 1º.
Agardo que vos guste.
Seguimos ás voltas cos nosos escornabotiños.
Pensamos que sería unha idea estupenda ensinarlles toda esa leria da CDU e a organización da biblio.
Como son tan listos, seguro que o pillan á primeira e axiña poderán facerse cargo da tarefa de colocar cada cousa no seu sitio!
Aquí déixovos un vídeo da actividade desenvolvida co alumnado de 4º coa axuda inestimable das/os axundantes de 1º.
Tamén podedes descargar os taboleiros de xogo e consultar a ficha didáctica aquí:
ESTRELA
mércores, 5 de decembro de 2018
Boas novas! Moitas!
Ola, linguachiñas/os.
Estes días estamos moi contentas e contentos no cole de Vilariño porque asomaron o fuciño novas marabillosas para toda a comunidade.
A primeira é que gañamos o
Estes días estamos moi contentas e contentos no cole de Vilariño porque asomaron o fuciño novas marabillosas para toda a comunidade.
A primeira é que gañamos o
Concurso Nacional de Buenas Prácticas en centros
docentes educativos
cunha dotación de nin máis nin menos que 10 mil euros!! Que grande axuda para seguir mellorando!!
Pero a cousa non rematou aí, a Biblio de Estrela foi seleccionada para entrar no programa
A radio na biblio
que nos aportará máis formación para as docentes e 2 mil euros para invertir na biblioteca.
Por se isto fora pouco, o Concello de Cambados, a través de Víctor Caamaño, concelleiro de Educación, elixíu a nosa Radio Estrela para presentar a segunda edición do Curso "Creación dunha televisión e radio escolar en Cambados", á que asiste unha boa representación do claustro do noso cole.
Que orgullo!
Veu acompañado de Xoán Leira, director de devandito curso a atender aos medios de comunicación.
Pero as nosas reporteiras e reporteiros de quinto non quixeron deixar pasar a ocasión de facerlle unha entrevista.
Próximamente poderedes escoitala na nosa canle de ivoox
Xa vos podemos adiantar que foi moi interesante e profesional!
O señor Caamaño interesouse polas melloras que veñen de executarse nestes semanas na nosa biblio (o cambio dos teitos polo que tanto piamos) e comprometeuse a que o Concello completará o acondicionamento dos dous espazos.
Confiamos en que así será!!
Bicos redelísimos,
ESTRELA
luns, 3 de decembro de 2018
É maxia? Non! É ciencia!
Neste mes de novembro, o da ciencia en galego, equipos de renome universal, todos eles (que casualidade!) estudantes do cole de Vilariño, prepararon experimentos que nos deixaron a todas coa boca aberta,
Parece maxia, pero non! É ciencia!
Irémolos colgando nesta entrada para que alucinedes.
Bicosmáxicos científicos
Parece maxia, pero non! É ciencia!
Irémolos colgando nesta entrada para que alucinedes.
O ovo saltarín
Aboia ou afunde?
A masa especial
Bicos
ESTRELA
Honrando ás mulleres científicas galegas no 25 de novembro.
Así de fermoso quedou o mural adicado ás mulleres científicas galegas que colocamos na entrada no cole.
Con el queremos honrar e visibilizar o labor destas investigadoras.
E tamén animar ás nosas alumnas a que emprendan o camiño da ciencia, se elas queren.
Porque, a pesar de todo, as rapazas tamén somos de ciencias.
Bicos honrosos
ESTRELA
sábado, 1 de decembro de 2018
Montando o escornabot
Como parte da comunidade das Bibliotecas Creativas, comprometémonos a compartir os materiais didácticos que imos xerando.
Aquí tendes un vídeo explicativo de como montar un escornabot.
Polo de agora temos catro, pero agardamos que axiña medre a nosa familia cibernética!
Que traballiño deu, mimadriña! (o vídeo, o do robot está chupado).
Gozádeo e a escornabotear!
bip bip
Aquí tendes un vídeo explicativo de como montar un escornabot.
Polo de agora temos catro, pero agardamos que axiña medre a nosa familia cibernética!
Que traballiño deu, mimadriña! (o vídeo, o do robot está chupado).
Gozádeo e a escornabotear!
bip bip
Estrela
xoves, 22 de novembro de 2018
25 de Novembro. Vilariño contra as violencias machistas
Ola, augamares.
O vindeiro 25 de novembro, como todos
os anos, conmemoraremos o
Distintas organizacións, como a Marcha Mundial das Mulleres, e organismos, como o Concello
de Cambados, organizan actos reinvindicativos.
Porque as violencias machistas son un grave
problema na nosa sociedade ao que temos que poñer solución urxentemente.
No cole de Vilariño, por suposto, queremos formar parte deste movemento, pero... sabemos realmente de que estamos falando?
Que entendemos por violencia contra as mulleres?
Seguramente, ao pensar sobre o tema, veñan ás nosas mentes novas terroríficas que atopamos nos medios de comunicación.
Entón, se non o vivimos en primeira persoa na nosa familia ou no noso entorno é doado que pensemos que é un problema terrible, si, pero lonxano.
Pero, desgrazadamente, existen outras formas de violencia que nos arrodean a cotío e que moitas veces nin sequera detectamos.
Porque na nosa sociedade o machismo ten tal raigame que se non nos poñemos a reflexionar sobre el, case pasa desapercibido
Machismo!
Escoitamos esta palabra continuamente.
E nós... sabemos o que significa?
Pois premede aquí, a ver que din as sabias e os sabios da lingua.
Tantos séculos con este pensamento predominante, son complicados de virar.
Pero para iso naceu outra ideoloxía, o feminismo, queredes saber o que é? Pois é doado, premede aquí.
E diredes vós, bah, Estrela, iso do machismo é cousa do pasado.
Agora, por sorte, a nosa sociedade evolucionou e está superado.
Tendes razón, grazas ao movemento feminista e as súas reinvindicacións, moitas cousas foron mudando, pero quedan tantas outras por superar....
Vouvos poñer un exemplo:
Este mes de novembro vimos celebrando o mes da ciencia en galego, vai que si?
E investigamos moito e coñecimos a autores e autoras de referencia, non?
Si?
Estades seguras/os?
Atopades tantas autoras como autores?
Veña, imos facer a proba: dicide, así a correr, 5 homes que pensedes que contribuiron ao desenvolvemento da ciencia.
Vale, moi ben. Vese que prestabades atención.
E mulleres?
Ademais de Marie Curie que a coñecen ata en Plutón... esforzádevos un pouco máis, vai!
Ahhh, que non é tan doado, non?
E por que pensades que vos custa? Será que non as hai?...
Hummm...
E galegas?
- Ai, mimadriña, iso xa é imposible!
Pois aínda que vos soe estraño, acabades de topar outra forma de violencia sobre as mulleres.
Porque violencia non é só cando nos fan dano físico.
Violencia tamén é cando nos apartan, cando nos aldraxan, cando nos silencian, cando din que non somos quen de facer algo, cando deciden por nós.
Violencia é cando nos impiden ser quenes queremos ser e póñennos obstáculos somentes polo feito de ser mullleres,
Violencia tamén é o silencio consentidor, é mirar para outro lado.
E en Vilariño non imos facer iso, colaborar co silencio.
Pois nada, como non hai carta sen agasallo ou proposta.....
Aí van os do 25 de novembro.
O agasallo:
Xa que cremos firmemente na educación e a cultura como a mellor arma para construir unha sociedade igualitaria, téñovos preparado un recunchiño no que poderedes topar obras sobre mulleres poderosas e marabillosas que contribuiron a cambiar o mundo.
Tamén historias e contos que nos fan pensar sobre todo este asunto do machismo e o feminismo.
O recuncho feminista da nosa biblio non deixa de medrar. Aquí tendes unha selección de obras sobre científicas. |
Ai, rediola! Será Galicia un país sen científicas? |
E quen ven sendo esta muller? |
Pois haberá que ver que pasa, non?
Si, adiviñastes, aí vai a proposta:
Que vos parece se poñemos luz sobre a vida e o traballo de científicas galegas que contribuiron á evolución do saber e os seu nomes e logros foron silenciados?
Investigade sobre elas, como se chaman, cal é o seu rostro , cal o seu legado, con que dificultades se toparon.
Cos vosos achádegos comporemos un mural na entrada do cole para honralas.
Vai ser fantástico!
Aquí déixovos uns cantos enlaces para que podades empezar a traballar.
Álbum das mulleres. Consello da Cultura Galega
Axenda feminista. Observatorio da Mariña pola igualdade.
Traballo na USC para visibilizar mulleres científicas na Galipedia.
Científicas galegas. Publicación sindicato STEG para o día da ciencia en galego.
Mentres investigades, podedes debatir na clase e compartir no blog todo aquelo que vos chame a atención.
Só unha cousa máis: onde ides automaticamente cando queredes buscar información de algo?
- Que pregunta, Estrela, á Wikipedia
E lembrades que hai unha wiki en galego, a Galipedia?
A cantas das científicas galegas que descubristes podedes atopar nela?
Facemos algo por remedialo?
Bicos feministas
ESTRELA
mércores, 14 de novembro de 2018
Radio Estrela está nas ondas!
Por fin inaguramos a nosa canle de radio en ivoox.
Un comando de axudantes de Estrela, gravaron o podcast de estrea.
Queredes escoitalo? Dádelle ao play!
Pero esto só é o principio.
Subscríbete á nosa canle e goza dos moitos programas que están por vir!
Bicos iniciáticos.
Un comando de axudantes de Estrela, gravaron o podcast de estrea.
Falaron Noa, Carolina, Simón e Mario. Controlaron a técnica Ainhoa e Sara. Fixérono fenomenal! |
Queredes escoitalo? Dádelle ao play!
Pero esto só é o principio.
Subscríbete á nosa canle e goza dos moitos programas que están por vir!
Bicos iniciáticos.
ESTRELA
xoves, 18 de outubro de 2018
A radio da biblio de Estrela: probando, probando
O novo recuncho da biblio xa non é un misterio.
A boa nova foi pasando de boca a orella por toda a parroquia.
Xa é difícil atopar en Vilariño algúén que non saiba que cos cartiños do premio do Concurso de Proxectos montamos....
UNHA RADIO!!!!!!
(se ti eres das/os que non o sabía, hummmmm, vés a visitar este blog menos do que deberías!!!!!)
Pero, claro, ninguén nace aprendido e as mestras desta escola están a poñerse ao día nos regredos radiofónicos nun tempo record.
A de actividades marabillosas, divertidas, interesantes e emocionantes que están por chegar!!!!
Para isto, contan co mellor mestre, Javier Prado, que visitou a biblio acompañado de Luis Losada, un dos pioneiros da radio escolar na nosa contorna.
Aquí tendes algunhas imaxes da primeira xornada de apredizaxe.
Como disfrutaron estas docentes!
Estas semanas, a nosa radio estará en fase de probas.
Algúns grupos xa pasaron a ver que se sinte cos auriculares postos e o micrófono diante.
O grupo de cuarto preparando un noticieiro |
E traballando no estudo de gravación |
O grupo de terceiro preparou un programa de contos de medo.... que vén aí o Samaín!! |
Nas vindeiras xornadas seguiremos coa fase de probas, pero.....
ATENTAS!
Pronto teredes novas da inaguración da radio da biblio de Estrela.
Bicos nas ondas
ESTRELA
venres, 5 de outubro de 2018
Invasión robótica na biblio de Estrela!
VIVA! VIVA! VIVA!
A biblio de Estrela foi admitida no programa
E iso que vén sendo?
Pois que seguimos mellorando, agora cun recuncho de robótica.
Aprenderemos a programar e quen sabe... a ver se rematamos fichadas pola ESA
Permanecede atentas e atentos!
Axiña teredes máis novas!
A biblio de Estrela foi admitida no programa
E iso que vén sendo?
Pois que seguimos mellorando, agora cun recuncho de robótica.
Aprenderemos a programar e quen sabe... a ver se rematamos fichadas pola ESA
Permanecede atentas e atentos!
Axiña teredes máis novas!
venres, 28 de setembro de 2018
En marcha!
Ola solliñas.
O vindeiro luns 1 de outubro arrancamos!
Podedes vir á biblio
Agárdovos!
O vindeiro luns 1 de outubro arrancamos!
Podedes vir á biblio
- todos os recreos
- polas tardes, de 16 a 18h (agás os martes)
Agárdovos!
domingo, 17 de xuño de 2018
Quen será, será?
Ola, lorchiñ@s.
O vindeiro mércores imos recibir na biblio unha visita sorpresa.
E diredes vós: menuda sorpresa, Estrela, estalo dicindo!!!
Ah, pero a min gustame moito o suspense, xa sabedes. Polo tanto, non vou arriar todos os datos así ao tolo.
Ides ser vós quen teredes que ir investigando para atopalos.
Buscade as solucións e contestade no blog, nos comentarios desta entrada.
A de papel que imos aforrar e o animado que vai estar isto!
A ver, a ver.... Quen é esa persoa que vén á biblio?
Aí van un par de pistas:
Estaban gravando unhas booktuberiñas de primeiro e enterámonos de que a autora do libro do que ían falar estaba de aniversario xusto ese día!! Que casualidade!!!
E pensaron: imos mandarlle unha felicitación
Esta muller tan simpática e amable veu o vídeo e enseguida púxose en contacto comigo para dicirme que viña correndo a ver a famosa biblio de Estrela e agradecer en persoa un detalle tan fermoso.
Ao mellor non a vistes nunca, por eso poño aquí esta foto con tres das súas obras.
Que? Xa averiguastes o seu nome?
Seguinte pregunta: escribíu seis adaptacións de contos. A ver se sabedes cales son.
Que siiii, que siiiii, que poño unha piiiiista
Ah, que non se ve o título?
Claro! Fixen algo de trampa, non volo ía poñer tan doado....
Buscade, buscade... e agora dicídeme.... cantos destes libros temos na biblio?
Como podedes sabelo? Pois consultando o catálogo.
A por outra pregunta!
A nosa visitante tamén é unha grande admiradora de María Victoria Moreno. Con ela ten moitas cousas en común.
Vou poñer unha chea de datos e vós deberedes dicirme se corresponden á escritora misteriosa, a MVM ou a ambas.
Preparad@s? Imos!
Escribe en galego |
As súas obras foron traducidas a moitos idiomas |
É tradutora |
Montou unha libraría |
Traballou de editora de libros |
É mestra |
Estudou xornalismo |
Organiza o salón do libro de Pontevedra |
Ten unha camisa caqui |
Ten gafas |
Prefire a literatura para nen@s |
Non é de Pontevedra, pero elixíu esa cidade para vivir |
Naceu en Sanxenxo |
Está viva |
Viaxou por medio mundo |
Que queredes unha pista?
Veeeeña, aí vai
Quen é quen?
Polo seu traballo, misteriosa, viaxou por moooooooitos países, máis ou menos tantos como Willi Fog.
Poderíades averiguar en cantos puxo o pé?
E para rematar.... que día mandamos o vídeo de felicitación? 😉
Veña, bulide, tendes de prazo para investigar ata o martes ás 14 horas.
O tempo comezaaaaaaaa xa!
Bicos detectivescos
ESTRELA
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)