luns, 7 de maio de 2018

E o misterio segue na biblio pequena...

Pasan os días e o misterio de que anda a argallar Estrela na biblio pequena continúa.

Movemento de mobiliario, intrigantes caixas cheas de cousas raras...

É que pensa ternos espectantes o que queda de curso???

Aìnda así, esta peixa non è tan lista como ela pensa e algùn rastro vai deixando tras de si...

Conseguimos atopar unha persoa que nos ofreceu un testemuño moi revelador.

NON PERDADES DETALLE!


Ademais, tentamos tirar outras fotos, o que pasa é que con a tensión do momento non nos sairon moi alà.



Cachis! Despois de agardar horas agachadas no almacén de Educación Fìsica esperando que as gardianas da biblio se despistasen... puxémonos nerviosas e comezamos a disparar a cámara ao tolo!
Que desastre!
Teremos que facer un curso de espìas por correspondencia!!

Ai, mamasiña. Cando imos saber que pasa???

E así foi a actividade "Leme, profe"

Ola zamburiñas!
Como xa sabedes, estas semanas despois do recreo xuntámonos en diferentes recunchos para gozar da lectura compartida.



Matilda, Manoliño Catrollos, Pippi Mediaslongas, a señorita Bubble, Amina, Balbino, Gloria e un bo feixe de personaxes dos nosos contos favoritos instaláronse unha tempada no cole e contáronnos a súa historia a través da voz das profes.






O último día da actividade, as profes contaron por parellas parellas o mesmo conto en inglés e en galego.

Que sorpresón! Xa estabamos acostumadas/os ao perfecto acento británico da Teacher e da profe Maira, ao deixe canadiano da profe Cruz e ao xenuino toque vilagarciano (ou sexa inglés, inglés) da profe Pilar, peeeeero as profes Chiky, Silvia e Raquel deixáronnos pampas co seu dominio da lingua de Virginia Woolf.





Que ben o pasamos!

Temos que repetir! 

Bicos literatos

ESTRELA

sábado, 28 de abril de 2018

Emoción, intrigha, dor de barrigha!

Nestes últimos tempos unhas sospeitosas actividades estanse a desenvolver na biblio.

Misterios@s emisarios achegan de quen sabe onde misteriosos paquetes de misterioso contido.

Cando ninguén mira  (cousa que non é complicada porque neste cole todo o mundo anda a mil cousas todo o tempo), un intenso trafego de caixas anda de arriba para abaixo e de adiante patrás por escaleiras e corredores.

Que raio andará a tramar Estrela?

Terá que ver coa promesa do equipo do proxecto comedor de facer importantes melloras coa dotación do premio?

Quen sabe.

Esta reporteira,  aproveitando un descuído da nosa peixa favorita e do seu séquito humano, adentrouse silandeiramente na biblio pequena e, poñendo en risco a súa vida, conseguíu tirar unha foto. 

Unha proba gráfica de que algo pasa.

Pero que?

Que?

QUE?

Aquí tendes a imaxe, tirade as vosas propias conclusións.



E seguide atent@s ao blog, porque abofé que daremos coa resposta.